Anotacións arquivadas do mes de April de 2006
Chernóbil 2006

01:24 horas do 26 de abril de 1986, o reactor número catro da central nuclear de Chernóbil (Ucraína) explota. Libérase unha radiación similar á 500 bombas atómicas como a de Hiroshima. O resultado: 2.300 localidades contaminadas e máis de 6 millóns de cidadáns/as afectados en Ucraína, Rusia e Bielorrusia, onde un 23% do territorio foi contaminado pola choiva radioactiva e preto do 20% da poboación aínda padece as secuelas daquela catástrofe.
Chernóbil marcou un antes e un despois no desenvolvemento da enerxía atómica. Logo do accidente moitos países suspenderon os seus programas nucleares e, sobre todo, a sociedade occidental concienciouse dos perigos reais que este tipo de enerxía entraña. Xa non se volveu falar da enerxía nuclear segura.
Vinte anos despois, relacionándoo co pronto esgotamento das reservas de petróleo e carbón, certos grupos de presión, con ramificacións en tódolos eidos da sociedade, están forzando a reapertura do debate nuclear. O argumento é sinxelo: as fontes de enerxía clásicas, as fósiles, esgótanse e só o recurso á enerxía nuclear pode garantir o mantemento do actual nivel de produción enerxética e, polo tanto, de desenvolvemento. Pero esta dicotomía é falsa, hai unha terceira vía, as enerxías renovables. Ler máis
¡Viva a República!

“España é unha república democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e de xustiza”; así define o estado no seu artigo 1º a Constitución da II República. O 14 de abril de 1931 España inicia un dos camiños máis transformadores e máis ilusionantes da súa historia, transformación e ilusión que, pese a todo o padecido despois, seguen a estruturar o noso presente. Pasaron dende entón 75 intensísimos anos marcados irremediablemente por este acontecemento, máis de 27.000 días de xúbilo, de ilusión, de esperanza, de reformas, de incredulidade, de dor, de loita, de resistencia e novamente de esperanza.
Na súa intervención de hai unhas semanas ante o Congreso no que as Xuventudes Socialistas celebraron o centenario da súa Constitución, Alfonso Guerra apuntaba que hai 30 anos, cando España ía testar por segunda vez o experimento da democracia, tiña claro que naquel momento era incompatible a consolidación dun réxime democrático co necesario exercicio de memoria colectiva e de restitución da honra da II República e de todos e todas cantos loitaron por ela. Isto, adoptando unha postura pragmática, obviase naquel momento, pero non se esquece. Ler máis
¿Onde está Acebes?
Hai unha nova que Pedro J. aínda non foi quen de publicar entre o relatorio de conspiracións xudeo-masónicas coas que cada día imprime o seu xornal, a desaparición de Ángel Acebes, ínclito representante da Aznaridade no presente.Trala declaración do alto ó fogo permanente por parte de ETA, iniciamos un novo proceso político que será, como sinalaba o Presidente do Goberno, difícil, duro e largo, pero que en menos dunha semana, nunhas poucas horas, derrubou o castelo de naipes mentireiros no que o PP sustentaba toda a súa estratexia de oposición dos últimos dous anos.
A clausura de Acebes é a primeira mostra do que eu agardo que sexa a fin efectiva do que Vázquez Montalbán definiu como “La Aznaridad”, o “reinado laico” de José María Aznar. Este, como todo caudillo que se prece, antes de abandonar o poder deixou ben colocados ós seus “mamporreros”, encargados de controlar os excesos e de dirixir a acción política do PP cara a consecución da grande obra iniciada por el. Ler máis
