Símbolos

Leo hoxe na portada de El Mundo “Acebes culpa a Zapatero da proliferación de símbolos inconstitucionais, como a bandeira republicana colgada onte - primeiro de maio - na Cibeles”. Vou ó interior e atención á pirueta argumental que fai Acebes: “cando non se defende a constitución nin os símbolos da Nación, como ocorre en Cataluña, acabamos cunha gran exhibición de símbolos inconstitucionais, como ocorreu esta mañá coa bandeira [republicana] colgada en Cibeles”.
Só tres cousas. A primeira: é imposible un exercicio maior de demagoxia e de actividade cerebral nula á hora de argumentar. A segunda: salvo que o PP pretenda que o corpo de antidisturbios da Policía Nacional rebente a manifestación do Primeiro de Maio para retirar as bandeiras das mans dos manifestantes (intervención totalmente inadmisible), non sei que culpa ten Zapatero ó respecto. A terceira: a bandeira da II República ondea na manifestación de tódolos primeiros de maio, tamén naqueles celebrados nos anos goberno de Aznar, cando Acebes era Ministro do Interior.
En calquera caso, a bandeira tricolor, aínda que allea á simboloxía oficial da España actual, é o símbolo do primeiro réxime verdadeiramente democrático que tivo este país e que moitos cidadáns e cidadás defenderon coa súa vida; é polo tanto un símbolo da liberdade, algo digno de recoñecemento e admiración. Ó PP amólalle a súa exhibición, pero en cambio nunca lle escoitei nin a Acebes nin a ningún outro dirixente dese partido queixarse pola presenza en case tódolos seus actos e manifestacións, especialmente nas celebracións de cada noite electoral ante a súa sede, de bandeiras de España coa aguia franquista, símbolo dun réxime fascista, opresor e asasino que, dende logo, si que fire e insulta a milleiros de españois. Non o corre o mesmo coa bandeira republicana, salvo que a Acebes e ó PP lles fira e insulte o propio concepto de democracia e liberdade.
2 comentarios
Deixa unha resposta


Muy chusquiño tu blog!!
Aunq sobra decir con que post me puse como una furia!!
A ver q cosiñas nos cuentas, voy a leer…
Bicosss!!!
Gracias, Tamara! O artigo imaxino cal é, pero xa sabes que nisto seguimos a discrepar.
Agardo a túa visita de novo. Bicos ;-)