As letras dos máis cativos

Participei hoxe no acto organizado polo PSdeG e as XSG de Ferrolterra para celebrar o Día das Letras Galegas, reparto dun cento de libros infantís e sesión de contacontos a cargo do compañeiro Mateo de Pontedeume (moi bo, por certo). Con elo, pretendemos chamar a atención sobre a importancia de acostumarnos dende cativos a ler e expresarnos en galego, de familiarizarnos coa nosa lingua, como único medio para evitar a súa estinción social.
O que vin ó longo desta mañá é certamente desesperanzador; dos algo máis de cen nenos e nenas cos que falamos ningún, nin un só, empregou o galego para dirixirse a nós ou para participar nas actividades preparadas, aínda que todos o entendían perfectamente.
Só dúas reflexións: ¿De que serviron todos estes anos de suposta normalización lingüística? Parece que só para que entendamos o galego, pero non dende logo para fomentar o seu uso, e ¿Será tan mala idea esta das galescolas?.
5 comentarios
Deixa unha resposta


Pois eu penso que tivechedes unha boa iniciativa.
as “Galescolas” non son nin máis nin menos que o preescolar,no cal se lles garantiza ós nenos e nenas galegos falantes que poidan recibir educación no noso idioma; aqueles que teñan como lingua predominante no seu uso o castelán, recibirán un tercio do ensino en galego, para ir progresivamente incrementando esta porcentaxe.
Esto é o que di o Plan Xeral de Normalización Lingüística que aprobou o parlamento de Galicia no 2004, co acordo unánime dos tres grupos: PSdeG-PSOE; PP; BNG.
Para normalizar precisase actuar no ámbeto familiar, no ámbeto escolar, no ámbeto institucional e sobre todo no social…
Si, ademais, hai que ter claro que non existe o bilingüísmo harmónico. O problema é como non repetir cos nosos fillos o que pasou con nós, pero, ao revés. Eu fun educado en castelán, cando a procedencia era galego-falante, e agora a presión do castelán e do inglés é demasiado esmagadora.
Tamén, hai que ver como “desideoloxizamos” o asunto. O idioma non pode ser bandeira de enfrontamento entre sectores, aínda que a “voluntariedade de opción” é un eufemismo para non recoñecelo dereito das persoas a sentir en galego.
En calquera caso, estaremos normalizados cando os medios de comunicación o utilicen preferentemente, e non de xeito “folclórico” cada 17 de maio.
o que non me gustou da noticia é a foto, polo logotipo de PSOE no centro, opino que os rapaces, independientemente de sexan fillos de quen sexan, non se lles debería ensinar logotipos políticos, ou falar de política, porque se non estamos caindo no adoctrinamento, que tanto loitaron os nosos país para que desaparecese. Está moi ben que se promocione o galego en si, con actos e demáis, pero promocionar o galego dende unha visión neutral, os actos de normalización/promoción da lingua galega, deberían ser apóliticos, facelos polo simple feito de expallar a nosa cultura e a nosa lingua polo fermosa que é, pero claro, os políticos moitas veces caen no erro de facer as cousas, para levar algún rédito político, se non non se moven moito.
Os nenos deberán escoller un partido político ou outro, o día de mañá, por propia iniciativa, e non porque yo ensinaron así os seus país.
Coincido e discrepo contigo, Xabier, a partes iguais. Coincido en que a promoción da lingüa e a cultura debén ser comúns a tódolos partidos e non a patrimonialice ningunha forza política.
Discrepo en que sexa malo falarlle de política ós nenos. Creo que iso parte dunha visión negativa da política, pero se a entendes, como eu, como instrumento para mellorar a nosa sociedade e para construír un mundo máis xusto, máis libre… non só non é malo, semón que é bo que dende novos vaiamos tomando contacto con ela. Só así poderemos ir fundamentando a nosa ideoloxía e, o que é máis importante, ter mañá homes e mulleres implicados coa súa sociedade, participativos… e non o pasotismo que profesan moitos, en nada beneficioso para todos e todas.
Saúdos!
Penso que me expresei, un tanto mal, falar de política si, pero non de partidos políticos, non predispor a que o neno o día de mañá non teña unha idea política concreta, que el só sexa o que a descubra… Non sei si me expliquei ben, costame,jejeje :-).
Saude