ivanpuentes.com

Curiosidades de Alcohol e Sexo

Sempre me gustaron as novas pequerrechas e curiosas que os xornais publican os festivos. Hoxe atopeime con dúas en La Voz:

O gusto sexual de cada pobo marcou as diferencias físicas, segundo un experto. Di Spencer Wells que as diferencias físicas entre os distintos pobos do mundo poden explicarse polos diferentes gustos de cada un destes, que fan que os individuos se reproduzan só con aqueles/as que consideran máis atractivos. Este estadounidense sostén ademais que os case 6.000 millóns de individúos, no sentido amplo do termo, que vivimos hoxe en día descendemos de tan só 10.000 nachos e nachas que hai 60.000 anos habitaban o norte de África.

Un estudante borracho dúrmese nun piñeiro de 40 metros. Un rapaz británico, totalmente borracho, trepou a noite do luns a un piñeiro duns 40 metros ubicado no campus universitario e na copa do mesmo, contra unha pola, quedou durmido. Horas máis tarde, algo máis sobrio, espertou e non se atreveu a baixar. Sacou de móbil e chamou ós bombeiros, que tardaron hora e media en rescatalo. ¡Para que logo falen do botellón de aquí!

4 comentarios

  1. Chaider | 18 de Maio de 2006 - 11:14 am

    “10.000 nachos e nachas”, ja ja ja ja

  2. José Manuel Lage | 18 de Maio de 2006 - 1:38 pm

    Moi bo Chaider

  3. Iván | 18 de Maio de 2006 - 2:43 pm

    Xa que estamos nun blog ferrolterrá, hai que expresarse en “ferrolterrano”,non? e ¿Que expresión hai máis típica desta terra que nacho e nacha?

    Saúdos, Chaider e Lage ;-)

  4. Chaider | 18 de Maio de 2006 - 4:43 pm

    Ferrolterrán -con n-, meu nachiño da otra banda.

    Pero tes razón, no se bailan os peóns á virolusa, hai que falar coma calqueira choni e deixarnos de conachadas.

Deixa unha resposta