ivanpuentes.com

O fiscal pide 40 meses de prisión e inhabilitación para a patroa da Confraría de Barallobre

Incrible! Non entendo as inxustizas da xustiza. No día no que medio país está flipando aínda coas imaxes da Policía Nacional rexistrando e precintando dependencias da Deputación de Lugo e detendo a funcionarios por un caso de suposta corrupción a grande escala, enterámonos de que un fiscal pretende que Marisol, a Patroa Maior da Confraría de Barallobre, pase máis de tres anos no cárcere por concentrarse con outros compañeiros/as de confraría diante do Edificio da Xunta en Ferrol no ano 2002, berrar, impedir a saída do mesmo ata as 3 da tarde da Delegada Provincial de Pesca de López Veiga e enfrontarse á Policía cando esta carga contra os/as concentrados/as para disolvelos.

Creo que o poder xudicial é asumido e acatado socialmente cando observamos que se respecta algo que semella natural, a proporcionalidade entre o feito denunciado e o castigo imposto. Cando isto non se produce os/as cidadáns/ás perden a súa confianza na xustiza, o que crea inseguridade. Neste caso a petición do fiscal é claramente desproporcionada. Espero que ó final o xuiz actúe xustamente e Marisol e os/as demais mariscadores/as non sexan nin siquiera sancionados, porque senón ¿Canto pasará no cárcere o clan de Cacharro?

1 comentario

  1. […] Menos mal que ó final se fixo xustiza e quedaron en nada os máis de tres anos de prisión que pedía o fiscal para Marisol Arnoso, Patroa Maior da Confraría de Barallobre, por concentrarse con outros compañeiros/as de confraría diante do Edificio da Xunta en Ferrol no ano 2002, berrar, impedir a saída do mesmo ata as 3 da tarde da Delegada Provincial de Pesca de López Veiga e enfrontarse á Policía cando esta carga contra os/as concentrados/as para disolvelos. […]

Deixa unha resposta