A pantasma de Eurovisión
Outro ano máis chegou Eurovisión, cada vez con máis cheiro a rancio e a alcanfor, pero aínda ten o seu público. Entereime de que este ano representaban a España as Ketchup o sábado pola noite, o mesmo día da emisión do programa, porque de festa por Bilbao comentoumo Lucía, unha compañeira da Coruña.
A principal gracia deste festival creo que é a morriña, os recordos de infancia que nos trae a cada un de nós; de sábados en familia analizando os motivos xeopolíticos polos que Grecia nos da 12 puntos (gracias á simpatía da raíña) ou Francia 0 (é que dende que botamos ó exército de Napoleón, téñennos atravesados) Como non coñezo ningunha das cancións deste ano e como a palabra Eurovisión sóame a pasado, deixo o vídeo do mítico la,la,la
2 comentarios
Deixa unha resposta


Ivan:
Existe una oculta conspiración que impide que España gane el festival de Eurovisión…según mis informadores, ( de buena tinta…oiga ) me consta que un tio feo con bigote, y aspecto malhumorado visitó delegación tras delegación, con el objeto de hacer boicot a las “ketchup” por que consideraba que el color del susodicho producto alimenticio ( el rojo ) es tendencioso y en un programa de máxima audiencia podría dar pistas sobre el gobierno de ZP. Por lo que pidio la mediación internacional con el objeto de exigir al gobierno español que en vez de las “Ketchup” se presentase a concurso aquella voz angelical que decía…
” Un pueblo es…un pueblo es…un pueblo eeeeeessss”.
Seguiremos informando.
Enrique, se Pedro J. le este Blog ten por seguro que te contrata como xornalista de investigación de El Mundo, porque a exclusiva que nos contas no teu post ben se merece unha portada a cinco columnas do prestixioso e imparcial periódico que dirixe.
Agardamos máis datos da conspiración contra as Ketchup. Dis que Acebes está maquinando unha estratexia: as Ketchup son andaluzas, comunidade que quere ser realidade nacional como Cataluña; a Cahaves contaxióulle este vicio de romper España Carod Rovira, que apoiou a investidura de Zapatero como Presidente, logo de ter pactado o goberno tripartito de Cataluña un ano antes. Polo tanto, nese pacto ademais de poñerse de acordo para romper España e destruír a familia, Carod esixiu que a España a representasen en Eurovision as Ketchup para quedar moi mal e desprestixiarnos no estranxeiro.