A primavera en Euskadi

Estiven esta fin de semana en Barakaldo, acompañndo ós/ás compañeiros/as do Partido Socialista de Euskadi na Festa da Rosa, marcada este ano pola nova situación política derivada do alto ó fogo permanente decretado por ETA. Por primeira vez, vin a milleiros de socialistas vascos expresarse sen medo, manifestar libremente a súa ideoloxía e, o que é aínda máis impresionante, vin a cidadáns sen afiliación política participar nun acto do PSE-EE. Algo ten mudado xa, dende logo.
É evidente que a sociedade está a vivir este proceso cunha ilusión e unhas esperanzas inéditas en episodios anteriores deste longo conflicto. Parece que vai en serio. Non entendo, como outras veces, a actitude do Partido Popular, que intenta torpedear o diálogo e, en definitiva, a paz calificando todos estes esforzos como “proceso de chantaxe da banda terrorista a 44 millóns de españois“. ¡Problema seu! Os demais, como dixo onte Patxi López, estamos a vivir a nosa particular primavera; só temos que traballar duro para que floreza. Sempre estiven convencido delo, pero hoxe estouno máis que nunca, o diálogo e incluso a negociación merecen a pena, porque son a única saída.
1 comentario
Deixa unha resposta


Nolas dúas estivemos tamén alí acompañando ós/ás compañeiros/as vascos/as nun día tan importante para eles/as, e como moi ben dixo Patxi López,este ano é o inicio de moitas festas coma esta, con tanta afluencia de público.
Claro está que o goberno está a traballar ben para chegar a un acordo con ETA, pero tanto eles,coma nós, debemos de darnos de conta,de que ai un longo camiño que percorrer e que non se pode deixar de lado todo o traballo levado a cabo ata o momento.
Damos todo a noso apoio ós/ás vascos/as e:
¡ESPERAMOS QUE A PRIMAVEIRA SIGA FLORECENDO EN EUSKADI!
Un biquiño das dúas. :p