¡Fóra Peaxes!

Noraboa ós veciños/as das comarcas da Coruña e Vigo e ós/ás que habitualmente circulamos por elas, por fin se nos libra do atraco de Rande e a Barcala. Atraco ó que por certo nos condenou o Partido Popular de Galicia cando decidiu renovarlle a AUDASA a concesión da Autoestrada do Atlántico, que finalizaba en 2007, corenta anos máis, para por riba privatizar logo esta empresa pública. ¿Como pode Núñez Feijoo criticar a supresión da peaxe sen porse vermello? Quizá porque de vermello non ten nin o sangue.
É inxusto, moi inxusto, que os galegos/as vivindo nunha das comunidades menos ricas de España teñamos que pagar peaxes, abusivas por riba, para desplazarnos entre as principais cidades do noso país. É un freo ó noso desenvolvemento. Por iso celebro que o Gobero Galego suprima os dous exemplos máis claros dese abuso, aínda que toda a AP-9 é un abuso. Non podemos soportar a condena de 40 anos que nos deixou o PP.
¿Que dicir de Ferrolterra? Fomos a escusa, a cambio de construír libre de peaxe o tramo Fene-Ferrol, para renovar a concesión. Ferrolterra está traballando moi duro para superar a crise económica e laboral que padecemos dende hai moito tempo e a peaxe é un freo dos máis potentes, porque temos a moitos cidadáns traballando fóra da comarca, porque estamos nun extremo e temos que percorrer máis kilómetros por ela, porque estamos nunha peor situación económica que o resto de Galicia… Creo que poderiamos marcarnos un reto a medio prazo, liberar a peaxe da Coruña a Ferrol para facer do Golfo Ártabro unha grande área metropolitana, perfectamente vertebrada e próspera economicamente. O contrario é condenarnos ó aillamento.
4 comentarios
Deixa unha resposta


Así se fala!!
O que todos pensamos e ningún político atreveuse a prometer!!!
Xa vai sendo hora de abrir o Sartego e comezar a ser donos do noso proprio destino.
Es usted un esbirro de la conspiración judeo-masónica contra la España de bien. Mire que defender la liberalización de los peajes… ¿qué será lo próximo? ¿mejorar el transporte público?
Con lo bien que está la gente sin moverse de casa.
Quitan a peaxe pero seguen pagando a Audasa a concesion, hai un maravilloso contador onde antes estaba a peaxe para segun os coches que circulen pagar a Audasa, felicidades¿?¿?? non, isto e un atraco, pq os cartos seguen saindo dos nosos bolsillos, seguen cobrandonos, atracaadres¡¡¡¡
Estou de acordo, Mariló. Para min o máis sangrante é que que os galegos teñamos que pagar peaxes, abusivas por riba, para circular pola vía de alta capacidade que vertebra o noso país. A concesión a Audasa remataba en 2007, ano no que a autoestrada quedaría libre de peaxe, pero os gobernos do PP en Madrid e Galicia, coa excusa de que a concesionaria construíse libre de peaxe o tramo Fene-Ferrol, decidiu renovarlle a concesión da AP-9 corenta anos máis, é dicir, condeounos a tódolos galegos a pagar corenta anos máis de peaxes.
Nese contexto, a decisión de que sexa o goberno galego e non o peto de cada un dos usuarios da autoestrada, o que pague a peaxe de determinados puntos especialmente sensibles, paréceme acertada porque, aínda que é verdade que os cartos do goberno son tamén cartos de todos, é indubidable que o impacto sobre a economía familiar dos autónomos (especialmente do transporte) e dos asalariados que cada día pasan por Rande ou A Barcala é menor deste xeito.