ivanpuentes.com

Acebes, tamén xenófobo

Hoxe Ángel Acebes abraioume con outro dos seus pinchacarneiros argumentais, que nos revelou ademais o seu lado xenófobo: en Cataluña están incrementándose os asaltos a vivendas particulares, La Razón publica que a fronteira con Francia está pouco vixiada, que é un “coladoiro”, e Acebes con estes bimbios afirma que a causa disto prodúcense avalanchas de sin papeis, o que están aproveitando as bandas de delicuentes para introducirse en España. Todo debido, claro está, ó efecto chamada provocado por ZP ó regularizar a preto dun millón de inmigrantes; ergo ZP é o culpable dos asaltos en Cataluña.

¡Que rancio e que repugnante é vincular a emigración coa delincuencia! Pero nesta argumentación faia algo: se o PSOE regularizou a un millón de inmigrantes é porque xa estaban aquí, porque entraron en España cando Acebes era Ministro do Interior e esta dereita resesa miraba para outro lado e non lles recoñecía os máis elementais dereitos. Creo máis no efecto chamada da fame que no de ZP e ¿Que fixeron Acebes ou Aznar por mellorar as condicións de vida en África?

Actualización (26/05): Teño que engadir a este post a reflexión dun oínte de Hoy por Hoy ó respecto que me pareceu brilante; preguntábase él “¿Cantos dos propietarios dos chalets asaltados en Cataluña teñen esas casas gracias á inmigración? ou ¿Cantos teñen gracias a esta incluso máis dun chalet?

3 comentarios

  1. Manuel | 25 de Maio de 2006 - 7:52 am

    Si, tes moita razón. Seguín o debate en directo a través de CNN+, e o de Acebes é de xulgado de guardia. Cada día están máis preto de Jean Marie Le Pen, e dentro de pouco outra manifestación de víctimas contra o Goberno socialista e non pola disolución de ETA. É nausabundo.
    Cambiando de tercio: un amigo común di que ten pata ti unha carretilla cunha morea de tellas para reparar un vello hórreo. ¿Ti saberás que significa isto, non si?
    Unha aperta e noraboa polo teu blog.

  2. Iván | 25 de Maio de 2006 - 11:30 am

    Pronto escribirei algo sobre a AVT e Alcaraz, porque a verdade é que creo que se están equivocando tremendamente e lle están facendo o xogo a unha dereita española que, como ti dis, cada vez se parece máis á Fronte Nacional de Jean Marie Le Pen.

    Con respecto ó outro: ja, ja, ja…! Moi bo o do amigo. Sei o que significa, o que pasa é que hai moi pouca sensibilidade, por non dicir ningunha, para protexer a tella do país, pero sigo niso.

    Unha aperta ;-)

  3. Rafael del Barco Carreras | 13 de Novembro de 2007 - 5:45 pm

    XENÓFOBO

    Rafael del Barco Carreras.

    Esperaba reacciones, críticas, y hasta denuncias. De no existir la desilusión sería mayor que la negativa total de EDITORES a editarme. Desde faltas de ortografía (la culpa si acaso la tendrá el ordenador), o mi “castellano”, “fatal e ininteligible”, son las respuestas de los pocos que se dignan contestarme, aunque uno o dos soltaron sin tapujos que no aguantarían “cien querellas”. Otra contestación, “si fuera en catalán”, por lo de las subvenciones, aunque por el tema y enfoque la Generalitat no las concedería. Por desgracia soy analfabeto en Catalán, cuestiones de mi generación (67 años) con Franco y mis propias circunstancias, aunque me siento catalán y hablo el barçeluní de mis padres y barrio, Ntra.Sra.del Coll, a la perfección, con orgullo y prioridad, además con un bisabuelo, abuelos, padres y demás familia, enterrados en sepultura de propiedad ante el Barça (familia DEL BARCO nº 4155). Por tanto, XENÓFOBO, AMARILLISTA, ANTICATALÁN O ANTINACIONALISTA, desborda mi entender y comprensión. Titular mi libro “Barcelona 30 años de corrupción”, colgarlo en Internet porque nadie lo quería editar, recibir unos miles de “entradas”, no ha despertado a los CORRUPTOS para llevarme al juzgado, sino a los NACIONALISTAS por citar su sagrada Barcelona. Uno dice que hubiera podido poner “Madrid 500 años de corrupción”, y otro que Valencia, o que en todos los sitios pasa (ver, http://meneame.net/story/barcelona-30-anos-corrupcion). Por suerte los ánimos y felicitaciones, el “excelente” del menú de contacto, dominan. Y si por el tema farragoso no soñaba con masivas adhesiones de la buena gente, nunca imaginé con que el relato de lo que me ha sucedido en mi amada y preciosa ciudad comportara la inquina de nadie más que los corruptos afectados. ¿O es lo mismo?, o como con el 3% o 20%…todo anda revuelto… nacionalistas, de derecha o izquierda, españolistas, convergentes, franquistas, opusdeistas, meapilas, socialistas, ABOGADOS…!Todos a por la pasta…la pela!.

    Ver…www.lagrancorrupcion.com

Deixa unha resposta