Campaña Machista de Novas Xeracións

Primeiro foi a campaña na que pintaban a fronte dos deputados socialistas de León coa palabra “traidor”, logo sorprendéronnos con carteis, insultantes como mínimo, contra o proceso de paz en Euskadi, que o PP lles obrigou a retirar, e agora as Novas Xeracións do PP volven a facer gala do seu pésimo gusto e nulo sentido da comunicación coa campaña de afiliación “Abre los ojos…Libérate”. Poderiamos falar moito sobre a concepción da liberdade no Partido Popular, sobre como cultivaron a liberdade de expresión, de crítica e de información dureante os oito anos de goberno de Aznar, pero prefiro centrarme estrictamente na campaña.
Paréceme un cartel machista. Á marxe da postura máis ou menos sexualmente dominante do rapaz nas dúas imaxes, na da esquerda é o home o que somete á muller, e na da dereita, que teoricamente ilustra a liberación da rapaza, esta está totalmente abrazada, atada e sometida ó macho protector. Dende logo ¡Canto nos queda por avanzar en igualdade de xénero!
2 comentarios
Deixa unha resposta


moi boas ivan!!!
acabode descubrir oxe o teu blog, e gustariame felicitarche porque creo que un blog bastante bonito polo feito de que é bastante persoal.
un saudiño e xa me diras como fixeches para ter o dominio e todo iso.
por certo gustoume moito o teu comentario sobre o dia das letras galegas. Lembro q comentarasme a actividade en bilbao no albergue.
un saudiño!!!!
Son fascistas, horteras y tontos del culo.