ivanpuentes.com

Noraboa, Nacho

Confirmacion Nacho

Nacho é unha persoa excelente, como poucas que teña coñecido, e é un dos meus mellores amigos. Dende que o coñezo sempre fixo gala dun ateísmo activo, pero onte, ós 26 anos, recibiu o sacramento da confirmación, algo que, logo das horas que temos investido en falar sobre a relixión e a Igrexa Católica, os seus efectos na sociedade e no individuo, a liberdade persoal… merece sen dúbida ser noticia neste blog.

Non é que a Nacho o iluminase de repente o camiño da fe; a explicación é moito máis mundana, quere casar con Lidia, que non se conforma cunha cerimonia civil, senón que quere pasar polo altar. É difícil renunciar ós nosos principios, pero a pesar de tódolos vaciles ós que o veño sometendo dende que me deu a noticia, entendo a Nacho, casar con Lidia ben vale ese esforzo.

Retrateino axeonllado ante o Vicario do Bispo no mesmo intre no que ese o unxía cos óleos sagrados para recibir ó espírito santo. Esta sería a foto coa que me gustaría ilustrar este post, pero estou ameazado; aínda que se vos animades podemos facer unha poxa. Mentras tanto, deixo esta outra das cervexas de despois da misa, na que aparece Alejandro, o padriño, e Nacho exaltando por riba de todo a súa ideoloxía socialista. Aínda así, Nacho, noraboa.

3 comentarios

  1. choutos | 29 de Maio de 2006 - 2:56 pm

    Bom, por muito que se confirme se ele nom cre a voda nom é válida (segundo as normas da igreja católica).
    Entóm pregunta-lhe a tua parelha se realmente quere umha voda de mentira (Nacho é ateo).

  2. Chaider | 29 de Maio de 2006 - 3:51 pm

    As mentiras, meu amigo, ás veces son a cousa máis bonita do mundo.
    O valor supremo da verdade só o defenden as películas ianquis.

  3. outro nacho | 1 de Xullo de 2008 - 7:45 pm

    pois si que está bo este meu compañeiro de nome. coidadiño muller, que se o atopo vai probar o que é bo. noraboa morenazo

Deixa unha resposta