Serendipia: Iker Jiménez vs. Wyoming
En homenaxe a Xaime, un dos meus mellores amigos e un gran admirador de Iker Jiménez (isto último é irónico), déixovos este vídeo dunha das usuais parodias do Gran Wyoming sobre algúns dos contidos de Cuarto Milenio, o programa que sobre “a outra realidade” dirixe Jiménez en Cuatro. De paso aprendemos o que significa serendipia.
4 comentarios
Deixa unha resposta


En realidade o caza-trasgos de Iker non sabe o que é unha serendipia. Non é “unha casualidade case imposible”, en realidad o termo fai referencia ao modo no que se produce un descubrimento científico trascental que é posible grazas a un accidente ou unha extraña casualidade (tamén se aplica a obras literarias cando un autor escribe sobre un feito non coñecido ou imaxinado na súa época e que posteriormente se fai realidade).
Exemplos disto (tirados da wikipedia) son o descubrimento do antibiótico lisozima por Alexander Flemming cando se lle cae unha lágrima nun cultivo de bacterias ou a invención das notas autocolantes Post-it a causa dunha partida de pegamento defectuoso.
Pero este erro de Iker, claro, forma parte da terxiversación e lixeireza habitual destes aprendices de bruxo pseudocientíficos. Un minipunto menos para Cuatro e a Cadena SER por incluir estes espazos vergonzantes e antieducativos entre os seus contidos.
Ben. A pesar do que diga textualmente a Wikipedia… ou precisamente por iso… unha Serendipia sí é “unha casualidade incrible”.
“El término serendipia procede de un antiguo cuento persa del siglo XVIII llamado El príncipe de Serendip. En este cuento los protagonistas, unos príncipes de la isla Serendip (que era el nombre árabe de la isla de Ceilán, la actual Sri Lanka), siempre solucionaban sus problema a través de increíbles casualidades.”
E a serendipia -como cualidade persoal- é estar disposto (mais ben indica unha predisposición) a encontrar o que non se estaba buscando, a valorar correctamente o imprevisto. E aquí poñemos os exemplos que queirades de científicos renombrados.
E sí creo que pode haber espazo para este tipo de cousas nos medios, por qué non? ou todo será a obxectividade dos telediarios? ;)
NOTA: non pretendo defender a reputación dun vendedor de fume, léase Iker Jiménez. Traballo inane sería, pois el mesmo en tódolos programas se encargara de votar por terra calquera cousa no seu favor. Simplemente pretendo corrixir un erro.
Non quero quitar méritos a quen pretende corrixir un erro. Precisamente por iso e porque como serendipia non aparece no dicionario non nos queda máis remedio que acudir ao Corpus de referencia del español actual da RAE (o CORGA do galego obriga a rexistrarse) de onde se poden tirar cinco casos de uso do termo serendipia. Todos eles referidos ao ámbito da ciencia.
Por outro lado palabra, no inglés do que provén (serendipity) significa good luck in making unexpected and fortunate discoveries.
A orixe literaria dunha palabra non é unha escravitude no seu significado (aquí pódense citar moitos exemplos, coma o da palabra ciberespacio que na novela de Willian Gibson aparece por primeira vez dando nome ao entorno tridimensional e pseudorealista no que se desenvolve o protagonista para acceder aos bancos de dados e que hoxe en día úsase para falar de internet e o seu contorno).
Este tipo de espazos nos medios de comunicación son tóxicos no senso de que presentan como posiblemente reais casos alucinantes de pantasmas e abducións extraterrestres. Iso é enganar e fomentar a superstición e a conspiranoia. O mesmiño que Acebes cando nos quería convencer en TVE de que ETA foi a responsable do 11-M.
Unha cousa e a subxectividade e outra a estafa ;)
[…] En fin, o triste non é que volva Xosé Manuel Piñeiro, senón que ten máis razón que un santo en todo o que lle di hoxe a El País. Non só volve o único que faltaba para completar a fórmula casposa de televisión que padecemos durante 16 anos neste país, senón que o fai para conducir un espacio destinado á terceira idade e mentres, ó mesmo tempo, acompaña ó Vicepresidente da Xunta de festa en festa bailando con eses mesmos maiores; mostra indubidable da férrea independencia da televisión pública sobre o poder político. Casualidade? Non, tal vez serendipia. Xeral, Política, gl […]