Guantánamo: vergoña mundial

Dende finais de 2001 Estados Unidos, o suposto exportador de domocracia ó resto do planeta, mantén cautivos en Guantánamo (Cuba) a centos de homes capturados en diversos países do mundo. Son persoas acusadas de terrorismo por suposición, xa que non foron sometidos a xuizo, contra moitos deles nin siquiera se teñen formulado cargos, están constantemente atados de pes e mans, en celdas minúsculas, sometidos a interrogatorios inhumanos nos que, segundo a ONU, se utilizan métodos de tortura, vexacións continuas… E ninguén protesta moi alto contra esta aberración.
Esta semana suicidáronse tres prisioneiros, os tres primeiros dos que temos noticia, e tivemos que aguantar por riba as declaracións do detestable e incapacitado Presidente do USA dicindo que está “seriamente preocupado” polo incidente e que ordenou que os corpos fosen “tratados humanitariamente e coa maior sensibilidad cultural” para amosar o respeto polas tradicións musulmanas. Aínda que peor foron as palabras do contraalmirante Harry Harris, quen dixo que “os prisioneiros son listos e están moi comprometidos coa súa causa” e que estes suicidios “non foron un acto de desesperación senón, máis ben un acto de guerra asimétrica contra nós”. Son as palabras de dúas persoas enfermas, como pode haber en calquera país, pero que neste caso son moi graves e preocupantes posto que se trata de dúas persoas que dirixen a primeira potencia mundial.
A ONU acaba de solicitar a clausura de Guantánamo, pero xa sabemos que ó amigo (de Aznar, claro) George o que diga a ONU sóplalla, como lla traen ó pairo tódolos organismo internacionais que non respalden a súa política pseudoterrorista. O lamentable é que o resto da comunidade internacional saiba o que pasa neste campo de exterminio ianqui, que é o maior ataque contra os dereitos humanos que se ten producido por un país democrático dende a II Guerra Mundial, e que ninguén faga nada.
Respectar os dereitos humanos e ós organismos internacionais que velan polo seu cumprimento non é ser bon cos outros, é apostar pola vida e a dignidade das persoas para que nos sexamos tamén tratados así, é non usar a violencia para non xerar máis violencia, é en definitiva, actuar dun xeito que reporte máis paz e máis seguridade no mundo. O fácil agora é mirar para outro lado, pero todo acto ten a súa repercusión e a factura de Guantánamo seguro que chegará en forma de máis odio e máis violencia, por iso tamén é a nosa responsabilidade poñer fin a esta vergoña mundial.
1 comentario
Deixa unha resposta


Guerra asimétrica, daños colaterales… ojalá la derecha no se avergonzara de ser la derecha, porque uno ya no sabe si estos quiebros semánticos son para sanar sus propias conciencias o aliviar las de los ciudadanos.
Lo de la “guerra asimétrica” ya es el colmo del cinismo.