Os “huevos” de Rajoy en Cataluña

Dende logo hai que recoñecer o valor de Rajoy, logo de todas as falsedades e insultos que el e o seu partido levan sementando demagoxicamente durante o último ano contra Cataluña, lembro que os seus acólitos chegaron incluso a pedir o boicot ós productos cataláns, para ir a esta comunidade a facer unha campaña a pé de rúa pedindo o non ó Estatut.
Coincido con Maragall en condear rotundamente as caceroladas, ovos e boicots que estes días se lanzaron contra o PP, porque o máis importante en democracia é a liberdade de expresión. E difiro totalmente dos políticos de Esquerra que semixustifican estes ataques pola política incendiaria e irresponsable que realmente práctica o PP dende hai demasiado tempo.
Exemplo desa política é a reacción dos populares a estes ataques. Martínez Pujalte e Acebes, acostumados como están a vomitar irresponsable e conscientemente mentiras, acusaron destes ataques ó Partido Socialista, que, acostumado como está a traballar pola democracia e a liberdade dende moitos anos antes da creación do PP e de que os seus fundadores decidiran afortundamente pasarse ó lado demócrata da sociedade, non é en absoluto culpable. Acebes, Rajoy e Pujalte deberían ter aprendido que a violencia só xera violencia e as súas declaracións son tan desafortunadas ou máis que as de Esquerra. ¿Ata cando aturará o súbdito Pique esta situación?.
Non hai comentarios pero ainda estás a tempo
Deixa unha resposta

