ivanpuentes.com

A Consellería de Medio Ambiente traballa polo medio ambiente

Parece unha obviedade, pero acostumados como estábamos a unha consellería que se guiaba por todo tipo de criterios menos os da protección ambiental, é de loubanza que Pachi Vázquez faga o seu traballo.

Onte estivo de visita en Ferrolterra e anunciou dous asuntos moi importantes: o incio das obras da depuradora da banda Sur da Ría de Ferrol (Neda, Fene e Mugardos), promesa incumprida do PP dende o ano 2002 que permitirá, por fin, a depuración integral da Ría, e a blindaxe definitiva do Parque Natural das Fragas do Eume, ó afirmar que obviamente “ten moi mala pinta” o proxecto de abrir unha mina de andalucita no parque e que é “moi difícil” autorizar unha explotación deste tipo nun espazo protexido como o das Fragas.

A Ría de Ferrol e as Fragas do Eume son os maiores tesouros medioambientais de Ferrolterra, protexelos non é simplemente protexer o medio ambiente, senón que é apostar por un modelo de desenvolvemento sostible que xere riqueza e permita crear máis postos de traballo, vinculados ó turismo, ó ocio e a producción marisqueira, e polo tanto maior riqueza. Así si que se traballa en serio polo medio ambiente e polo desenvolvemento e a diversificación de Ferrolterra.

5 comentarios

  1. JR2C | 15 de Xuño de 2006 - 2:50 pm

    Noraboa Iván, eres dos poucos ós que lle teño escoitado falar de sostenibilidade e desenvolvemento económico. Normalmente a xente vincula á sostenibilidade sóio a estratexias de protección do medio natural.
    Pronto falaremos de sostenibilidade e participación, gobernanza, etc…
    imaxinate a participación política sostenible, ou sustentable…
    que tremen os necios…

  2. unha fenesa bloqueira | 29 de Agosto de 2006 - 9:36 pm

    Bueno considero que é importante falar de desenvolvemento económico e de outros temas de demáis interese pero sempre con sentimento de política. Si unha expresión correcta queridos lectores, ese sentimento que teñen os verdadeiros políticos que fan as cousas por compromiso coa sociedade, cunha ansia de mellora para o pobo; e non por protagonoismo, falseo e demáis calificativos que non farían boa ligazón con Fene, e sen dúbida con eles non se podería facer política dende o noso concello. Meus parabéns para tódolos bloqueiros e para os demáis: ZAPATEIROS O SEUS ZAPATOS!!!!!!

  3. ivan | 31 de Agosto de 2006 - 9:49 am

    E ¿Quen é o xuíz supremo que decide que políticos traballan para o pobo por compromiso coa sociedade e cales fan o mesmo, pero por protagonismo? Espero que a resposta non sexa que os primeiros son os bloqueiros e os demais tódolos que calificas como “zapateiros”.

    Saúde ;-)

  4. Roberto | 24 de Setembro de 2006 - 10:21 pm

    Hola Iván, seguro que me reconoces…
    Aunque ser juez y parte en el asunto de la mina de Andalucita es bastante arriesgado ahí voy.
    Tengo mucha información sobre el proyecto de explotación de la citada mina, la justificación del proyecto como de incidencia supramunicipal, la normativa mediambiental a nivel autonómico, estatal y comunitaria (joé!, cómo debe saber este tío…).
    Se podría iniciar un debate sobre cualquier aspecto técnico, económico, social, etc sobre la explotación, pero tampoco vendrá al caso (entre otros motivos porque este debate ya se intentó mantener por una de las partes, sin respuesta a la par, positiva o negativa).
    Lo que sí me gustaría exponer es que faltaría un poco más de disposición de diálogo abierto entre las partes, para poder tomar una postura mejor justificada por parte de los responsables de la Consellería.
    Esto sería beneficioso para ambas partes, ya que si la postura que toma la consellería en estos momentos es firme, será que posee razón en sus planteamientos y no tendría que recurrir a la Comisión Europea.
    Opino de esta forma porque en cierto sentido soy espectador de la situación y desde un frente sólo veo alegaciones al impacto ambiental de la posible explotación, a su posibles consecuencias, a la inclusión dentro de una parte de las fragas, etc. pero no a ningún punto concreto del proyecto y del plan de explotación.
    Saludiños.

  5. ivan | 25 de Setembro de 2006 - 10:09 am

    Falamos cando queiras do proxecto, Roberto; seguro que me aportarás datos que descoñezo e, en todo caso, que nos nutriremos mutuamente de puntos de vista diferentes. Saúdos e grazas pola túa aportación.

Deixa unha resposta