ivanpuentes.com

Patriotismo deplorable

O patriotismo nunca foi un sentimento que aflorara demasiado en min, xa que sempre crin nas persoas máis que nas patrias; como diría o meu amigo Xaime, a miña patria é a humanidade. Entendo o patriotismo como a defensa solidaria dos intereses dun país e a identificación persoal con este. Pero hai outro tipo de patriotismo que se basea na pretendida apropiación dos símbolos e do mesmo país por parte duns poucos para atacar e discriminar ós que pensan de xeito diferente, para dividir e excluír. Este patriotismo, que sempre é semente de violencia e, no caso máis extremo, orixe na política de rexímenes dictatoriais, dame noxo.

Cando onte España goleaba a Ucraína no Mundial pensaba nos titulares grandilocuentes, preludio sempre do veciño fracaso e da decepción dos siareiros españois, cos que a prensa deportiva abriría hoxe os xornais: Somos os mellores, España a por todas, Treme Brasil ante a vermella, O mundo ríndese ante a selección española… Pero en ningún dos meus desbarres mentais pensei que podería ler o que hoxe publica El Mundo, que titula en portada a catro columnas, como nova máis destacada da xornada: “A goleada da selección dispara as expresións de patrotismo en España”. Isto no mesmo día no que ETA emite un comunicado no que fala máis claramente de paz definitiva.

Na mesma portada, nas dúas páxinas que na sección de España, non en deportes, lle adica no interior a esta suposta noticia e mesmo nun editorial titulado “…Y Ahora Resulta que sí Somos Españoles”, recóllense frases como:

[…] muchos españoles salieron a la calle, especialmente en la madrileña plaza de Colón, bajo la inmensa bandera instalada en tiempos de Aznar (supoño que o feito de que Cuatro celebrara aquí o seu programa tería máis que ver na afluenza de xente que a ola de patriotismo da que fala Pedro J.) […] El PP habla del “legítimo orgullo de la nación más antigua de Europa” […] Carod apuesta por la victoria de Polonia; Saura quiera que venza el equipo de Brasil; y Artur Mas dice que, “como no hay selección catalana”, prefiere a España (que malíiiiiiisimos estes cataláns amigos de ZP, inimigos de España) […] tan alto llegó la marea que hasta ese grupo de comunicación (Cuatro - PRISA) -el mismo que repudió en su día la bandera de la Plaza de Colón y que tantas veces ha avalado el replanteamiento de la idea de España- se subió a la ola de entusiasmo y colocó una enorme enseña nacional en la portada de su página web (Alaaaa, que fuerte!), demostrando que -con cinismo- se puede hacer negocio de una idea y de su contraria (o do negocio que llo pregunten a Pedro J. coas probas que cada día inventa sobre o 11-M para vincular este con ETA) […] la cadena de PRISA convocó a los aficionados para `vender´España […]

Xa andamos de novo coas parvadas aznarianas dos antipatriotas e desleais, que son basicamente todos os que non pensan coma el. A ver se esta dereita rancia se entera dunha vez que os que non son centralistas, amantes dos símbolos, patriotas, demagogos, nacionalistas españois, amantes do monolingüismo, nostálxicos da unha, grande e libre… tamén se poden sentir españois e, sobre todo, poden facer gala da loita, incluso coa súa vida, pola España democática. “Patriotas de Hojalata”, como diría Zapatero.

10 comentarios

  1. Chaider | 15 de Xuño de 2006 - 8:28 pm

    Eu lin onte (non recordo o medio) que “a goleada do combinado español afrouxou as tensións autonómicas”.
    A verdade é que cando gaña o Racing eu noto claramente un afrouxamento das tensións vecinais.

  2. Iván | 15 de Xuño de 2006 - 8:32 pm

    Ja, ja, ja… E cando gaña o Perlío, prodúcese un estouramento de patriotismo parroquiano en Fene, que alivia moitas tensións entre barrios.

  3. Alberto Feijoó Domelo | 16 de Xuño de 2006 - 12:13 pm

    Me gusta mucho tu web Iván pero hecho de menos un artículo sobre Rosa Díez.

    Parece ser que el Grupo socialista español del PE está hasta ….. de ella y quieren que se la eche del partido.

  4. Iván | 16 de Xuño de 2006 - 12:54 pm

    Hola, Alberto:

    Grazas por visitarme. A verdade é que pensei en escribir sobre Rosa Díez; igual me animo. Que conste que estou de acordo con expedientala e expulsala, porque o que fai non é criticar ós dirixentes do Partido, o que fai e actuar públicamente en contra dos acordos, dirixentes e políticas aprobadas no seno do partido pola maioría dos militantes.

    Un pode discrepar, debe facelo incluso, pero sempre no ámbito interno. Se convences, tes a sorte de que os teus posicionamentos serán os apoiados pola maioría de compañeiros/as e, polo tanto, os adoptados e postos en práctica polo partido, pero se non logras convencer á maioría, por respeto ós demais e á organización, na túa actividade política debes actuar de xeito coherente ó decido pola maioría. Trátase simplemente de ser democráta e de saber participar nun colectivo; se o que quere é actuar de xeito individual pode crear un partido independente á súa medida.

    Creo por todo iso que debería abandonar o partido e, se non o fai, os órganos disciplinarios teñen que expedientala e, chegado o caso, expulsala.

  5. Pangalaico | 16 de Xuño de 2006 - 2:27 pm

    Home, Iván, falando de bandeiras e de que non che gostan, quería lembrarche isto:

    (La Voz de Galicia ed. Ferrol, 25/1/04)

    El grupo municipal socialista de Fene presentará una moción en el próximo pleno en la que reclama al equipo de gobierno que los edificios institucionales del ayuntamiento se atengan a la legislación vigente sobre los símbolos oficiales de la Comunidad Autónoma, el Estado y la Unión Europea.
    Según afirman los socialistas, «dende hai xa ben tempo, a simboloxía oficial do Estado e máis a da Comunidade Autónoma de Galicia non se están a empregar dun xeito correcto na Casa do Concello de Fene». El PSOE apunta que las respectivas banderas no están presentes en los plenos de la corporación y que sólo se pueden ver en el balcón de la consistorial los fines de semana.

    (La Voz de Galicia ed. Ferrol, 6/2/04)

    La corporación municipal de Fene aprobó ayer una moción del PSOE que solicitaba la colocación en el salón de plenos y en el balcón del edificio municipal de las banderas de España y de la Unión Europea, además de la de Galicia, que ya ondea ahora en ambos lugares.
    Los socialistas consideraban que la situación actual vulneraba la normativa sobre símbolos oficiales, por lo que presentaron una moción que fue aprobada con los votos a favor de los ediles socialistas y populares y con las abstenciones de BNG e IU.

    Seica aínda es membro da corporación municipal de Fene polo PSOE.

    Coincido no da restauración da legalidade e todo o rollo legal, dacordo, pero o que transmitiu aquela moción vosa foi que empregades o símbolos patrios igualiño que o PP, que apoiou a vosa proposta, saíndo así aprobada.

  6. Iván | 16 de Xuño de 2006 - 4:38 pm

    Loxicamente, Pangalaico, non comparto a túa argumentación. Formo parte do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Fene e claro que sigo apoiando o contido da moción á que tis fas referencia.

    No meu artigo digo que o patriotismo nunca foi un sentimento que aflorara demasiado en min, pero non digo por ningures que non me gustan as bandeiras, simplemente critico ós amantes dos símbolos. En calquera caso, podería dicilo, dame igual, porque non me poño teso ante ningunha bandeira; para min non son máis que símbolos que representan a unha determinada entidade territorial, como un logotipo pode representar a unha marca comercial.

    O que eu critico é o patriotismo, sexa por actitudes, sexa por apropiación de símbolos, entendido como unha forma de confrontación, de exclusión e discriminación, contra quen pensa de xeito diferente, ós que se acusa de antipatriotas, como se só existise unha forma de traballar polo teu país; que é o que fixo o PP cando gobernaba con multitude de declaracións, accións… e coa exaltación hiperbólica da bandeira e o himno.

    En Fene hai un partido, o BNG, que leva 27 anos gobernando, todos con maioría absoluta salvo os catro primeiros e os tres que van desta lexislatura, e que, confundindo o concello coa súa sede e a institución municipal co seu partido, utilizou durante todo este tempo os símbolos oficiais do estado dun xeito partidista, empregando só a bandeira de Galicia e nunca a de España ou a da Unión Europea. ¿Quen está máis próximo do concepto de patriotismo que eu critico no meu artigo, o que usa os símbolos institucionais e oficiais e a propia institución como exaltación da propia ideoloxia fronte ós demais compoñentes desa institución ou quen presenta unha moción para que o uso de símbolos se axuste ó disposto legalmente? Creo, que non fai falta que resposte á pregunta.

    Precisamente para evitar expresións de patriotismo agresivo, foi para o que o PSdeG-PSOE de Fene presentou a súa moción; simplemente para que o Concello sexa a institución que represente a tódolos veciños/as de Fene, non só ós militantes do BNG.

  7. Pangalaico | 17 de Xuño de 2006 - 10:33 am

    Non era a miña intención alterar o normal decorrer do teu blog, Iván.

    Só quería dicir que neses 20 e pico de anos que ti dis o feito de que no Concello ondearan ou non unhas bandeiras, unhas si e outras non, non supuxo un problema para ninguén, tampouco para ningún veciño do Concello.

    Para ninguén excepto para vós e nun momento moi determinado, que coincidía co intre en que o PP forzou o patrioteirismo español e vos obrigou aos do PSOE (e aos do PSdeG) a adoptar poses de verdadeiro patriotismo.

    Agora en cambio tedes até tintes federalistas. Ben, mellor dito, tenos Zapatero, que o que é o resto do partido… En fin.

    É sorprendente a facilidade co que vos movedes nese terreo. Do patriotismo español ao federalismo integrador. Algúns chamaranlle cintura política.

    Un saúdo

  8. Iván | 17 de Xuño de 2006 - 7:48 pm

    Non te preocupes, pangalaico, non alteras o normal decorrer deste blog, senón que está para iso.

    Coñeces moi mal o PSOE e o PSdeG, porque se algo está arraigado neste partido é o sentimento federalista; tanto que o propio partido se estructura de xeito federal. E non esquezas que se ZP está donde está é porque os militantes que empatizamos coas súas ideas o votamos para que estivese aí, fronte a outras opcións.

    Sobre as bandeiras en Fene, non teño máis que dicir que o comentado; se ti queres ver aí patrioterismo español… Creo que quedou clara a miña postura.

    Saúdos e moitas grazas polas túas aportacións ;-)

  9. Noitebra | 20 de Xullo de 2006 - 1:32 am

    Acabo de descubrir por pura casualidade este blog e quero felicitar a Iván Puentes, a quen non teño o gusto de coñecer, porque dá gusto ler un blog galego e en galego que non sexa nacionalista.
    Nin nacionalista galego nin nacionalista español. Simplmente non nacionalista. Creo que isto é o que quere expresar o señor Puentes neste debate sobre o uso das bandeiras por parte do Concello de Fene.
    O nacionalismo, incluso o nacionalismo democrático no que hoxe -¡por fin!- podemos considerar incluído ao BNG, ten unha tendencia irreprimible, connatural á propia definición nacionalista, a “unificar” a patria da que se consideran depositarios, intérpretes exclusivos e non poucas veces donos inxustamente expropiados por unha historia errada. Esa “unificación” pasa pola homoxeneización dos sentimentos nacionais, pola identificación coa que eles estiman única patria verdadeira e, polo tanto, coa exclusión da patria “falsa”, “allea” ou “imposta”. Isto faise visible sobre todo a través dos símbolos e de aí as “guerras das bandeiras” tan queridas polos nacionalistas (galegos, vascos, españois, bastante menos os cataláns).
    Os que nos consideramos socialistas e galeguistas, pero en absoluto nacionalistas, actuamos con coherencia democrática irreprochable cando esiximos que aparezan, tal como está lexislado, as catro entidades xurídicas ás que estamos vencellados (concello, Galicia, España, Unión Europea) e coas que mantemos vínculos de pertenza de maior ou menor intensidade sentimental, que iso é cousa de cadaquén.
    O democrático, o integrador e o incluínte é que unha institución municipal faga uso desas catro bandeiras, sen excluír ningunha. E isto vale para o concello de Fene igual que para o da Coruña, que é outro caso -ou foino con Paco Vázquez- de vergonzoso e infantil xogo ás batalliñas nacionalistas.

  10. ivan | 20 de Xullo de 2006 - 9:32 am

    Moitas grazas polo teu comentario, Noitebra. Podo suscribir da primeira á última palabra toda a túa argumentación. Grazas por visitar o blog; agardo verte de novo por aquí. Saúdos ;-)

Deixa unha resposta