ivanpuentes.com

Festa do Socialismo de Ferrolterra

Nacho Festa Socialista

Hoxe celebramos en Ferrolterra a Festa do Socialismo da Comarca. Acto político e xantar de mlitantes e simpatizantes do PSdeG-PSOE, da UGT e das Xuventudes Socialistas de Galicia, as tres organización fundadas baixo o paraugas de Pablo Iglesias hai máis dun século.

A unidade de acción dos/as socialistas, e da esquerda en xeral, é fundamental para afondar na loita por unha maior igualdade, xustiza e liberdade na nosa sociedade. Espero que esta fose só a primeira das moitas festas que os socialistas da comarca de Ferrolterra celebremos unidos.

Moitas grazas a todos/as os que viñestes de fóra da comarca. E noraboa a Nacho, o Secretario Comarcal de XSG, que podedes ver na foto e que tivo unha intervención espectacular no seu primeiro acto público.

2 comentarios

  1. Manuel | 17 de Xuño de 2006 - 11:42 pm

    A túa intervención tamén foi moi boa, igual ca do compañeiro secretario xeral de UGT Galicia. Unha mágoa ca secretaria galega das XSG tivera afonía, estou seguro que sería a mellor intervención do día.
    Unha aperta e parabéns por esta iniciativa.

  2. ivan | 18 de Xuño de 2006 - 3:03 pm

    Gracias, Manuel! Hoxe falei coa Secretaría Xeral de XSG e está xa mellor da afonía, non te preocupes. O que está mal agora é o Secretarío de Organización, díxome algo da súa cabeza ;-)

Deixa unha resposta