O BNG, temendo a fin do Mundo, pide que se normalice o galego na morte

(El Progreso) O deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Bieito Lobeira, denunciou que, segundo un estudo recente, só unha de cada mil lápidas dos cemiterios da comunidade están escritas en galego. Lobeira recordou o caso dalgúns “patriotas galegos” que “están soterrados en español contra a súa vontade”. Para o deputado, esta situación é “inxusta e discriminatoria” e evidencia a existencia dun conflicto lingüístico en Galicia. Lobeira recordou a importancia dos xacementos necrolóxicos á hora de coñecer o pasado e aventurou que, se algunha catástrofe acabase coa vida humana, “lápidas e cemiterios, epitafios de todo tipo, certificarían que Galicia non conta con idioma propio”.
O nacionalista reclama, mediante a presentación dunha proposición non de lei, a posta en marcha dun programa específico de fomento da lingua galega en tódolos actos, cerimonias e funcións vinculadas coa morte. Igualmente pide que se adopten medidas dirixidas ás xerarquías relixiosas, ós concellos e ás empresas relacionadas cos ritos da defunción para que “na morte se nos recoñezan os nosos dereitos lingüísticos”.
Mirade o artigo de Carlos Luís Rodríguez ó respecto, Morre en Galego.
9 comentarios
Deixa unha resposta


Muy grande el artículo xDD, aun me estoy riendo.
Por certo, esta si é unha iniciativa moi razoable, aberta e plural. Botádelle un vistazo.
http://www.puntogal.org/web/index.php?
option=com_content&task=view&id=26&Itemid=38
Muy fuerteeee. Esto es para un monólogo de humor por lo menos!!
a ver para cuando una proposición de ley para q los bebés puedan aprender a balbucear en gallego!!
jeje
Xa vexo que tipo de cousas vos resultan graciosas…
O fondo do debate iniciado polo compañeiro Lobeira ven sendo que xente como miña veciña viviu en galego con normalidade toda a súa vida e á hora de enterrala a súa lingua pasou a ser do máis estrano; e súa familia, deixando facer á empresa encargada da lápida, garda os seus restos nunha lingua que non é a dela.
Agora se aos socialistas estas cousas vos inspiran chistes, alá vos. É unha mágoa que falar galego hoxe sexa sinónimo de ser da aldea ou do Bloque, haberá que loitar por normalizar o idioma, pero ollo, vos saberedes porque a vós non vos asocian co galego. A nós si.
Se cadra os do BNG de Mugardos estades moi interesados nas lápidas dos que palmen cando estoupe a pranta de gas que promovestes. “Morreu polo estoupido. Descanse En Gas”
Sorpréndeme Chaider por dous motivos, primeiro pola falta de interese que demostra pola cuestión da lingua cambiando de tema de boas a primeiras, e segundo polo verde que
Sorpréndesme, Chaider, por dous motivos: primeiro pola falta de interese que demostras pola cuestión da lingua cambiando de tema; segundo, polo verde que demostras estar no tema da planta de gas ¿Sabes quen é Ramón Toimil? ¿Sabes a que partido representa? ¿Sabes cal foi o seu papel dende que no 1999 comezaron os movementos para construír a planta ata que no 2003 perdeu a alcaldía de Mugardos?
Sei quen é Barcia e sei quen é Toimil. Eu non son fan de ningún dos dous, pero parece que ti si. Os que apoiades a algun deses tipos sodes tamén responsabeis desa monstruosidade que ameaza a todos os habitantes da ría (ameixas incluidas).
Por outro lado, os que cremos en mil primaveiras máis para o galego escachamos a rir cando “o teu compañeiro” Lobeira dí que se se acabase o mundo ninguén sabería que aquí se falaba galego porque as lápidas están en castelán. Eu penso que a lingua é un asunto dos falantes vivos (e dos potenciais) e non se pode promover tendo coma obxectivo os arqueólogos de civilizacións extraterrestres.
Finalmente non podo deixar de decir que me sorprende que te sorprenda a miña actitude, pois non me coñeces. Creo que iso ven da manía que tendes os do BNG de dar por suposto que a postura correcta sempre debe ser a que defendedes vos. Hummmmm…. ¿iso non é un pouco sectario?
Qué pasaría se, tras un devastador cataclismo, chegase á terra unha cultura superior (ou inferior) e decidise pasar uns días en Galicia? Qué se atoparía nalgúns xornais e sitios de Internet? Entre outras cousas comentarios como os do ínclito Carlos Luis (á altura do mellor Wilde) e blogs como o de Iván Puentes. Sería horrible.
Pois menos mal que tamén atoparán os comentarios dun nacionalismo apocalíptico que estaba tan preocupado polos viaxes interplanetarios. Ja ja ja… xa vexo o proximo slogan de campaña do BNG: “Por que nos interesa Raticulí”.