Agoniza o goberno de dereitas de Ferrol

Parece que por fin se vai consumar o que fontes internas do PP ferrolán levan algo máis dun mes anunciando, a ruptura definitiva do pacto de goberno entre o PP e Independentes por Ferrol, que deu ós primeiros a alcaldía desta cidade en 2003. A folla de ruta podería pasar polo seguinte: o Alcalde cesa a Pita Romero (IF), concelleiro de urbanismo, culpando a este de tódolos escándalos que nesta materia se veñen producindo de xeito reiterado en Ferrol dende o inicio da lexislatura e, ante isto, Juan Fernández (IF), Primeiro Tenente de Alcalade, anuncia a saída de I.F. do Goberno. O PP quedaría gobernando en minoría ata o remate da lexislatura.
Isto é o previsible, pero ollo a determinadas sorpresas que o Alcalde poda dar. Rumoréase que logo do cese de Pita Romero e a saída de I.F. do Goberno, Juncal estaría en disposición de ofrecerlle a algún dos concelleiros de Juan Fernández a súa permanencia á fronte da concellería que dirixe neste momento, coa excusa de que está moi contento co seu traballo e de que a cidadanía o valora positivamente, pero coa clara intención de provocar unha fonda división nos Independentes por Ferrol que mellore, en detrimento destes, as expectativas electorais do PP na cidade.
Espero que máis cedo que tarde se poña fin a este acordo de goberno que, dende o primeiro día, non perseguiu máis que o beneficio persoal e partidista. Juncal, nun intento desesperado por lavar a súa imaxe e a do PP local, bota do goberno a I.F. coa intención de que sexa este partido o que cargue coas culpas do desgoberno, pero a responsabilidade é compartida, porque tanto ten Xan como Pericán. O importante é que cheguen as eleccións canto antes e sexan os ferroláns e ferrolás os que lle poñan cabeza a esta desfeita.
5 comentarios
Deixa unha resposta


Talvez o amigo Puentes, tan ilustrado nesta materia, nos podería explicar, con mellor coñecemento de causa, as turbias relacións que existen ultimamente entre o grupo municipal do PSOE e o líder de IF. Ou é casualidade o da praza de Armas?
ouch
Tamén coinciden o Grupo Municipal do PSdeG e IF reclamar a ubicación da Pranta de Gas fóra da Ría de Ferrol e o BNG coíncide co PP en defendela en Mugardos e non deduzo delo que haxa turbias relacións entre a UPG e o PP. Ou si?
Nada que dicir sobre isto, Ivanciño?
http://www.lavozdegalicia.com/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=4963014&lnk=JORGE,YANHEZ
Sí, que por fin, despois de 75 anos, Fene terá de novo un goberno socialista ;-)