ivanpuentes.com

Bóveda ártica para a fin do mundo

Nun remoto lugar cerca do Polo Norte, colocouse a primeira pedra da construcción dun curioso lugar. É unha bóveda deseñada para gardar, en caso dunha catástrofe, unha enorme colección de tódalas variedades de sementes coñecidas polo home.

Agárdase que, eventualmente, a “bóveda do xuizo final” conteña uns tres millóns de mostras de sementes procedentes de todo o mundo. Quedarán almacenadas nas profundidades dunha montaña ártica, empaquetadas en aluminio, rodeadas por muros dun metro de ancho, reforzados de concreto y portas blindadas.

Máis de 100 países apoiaron o proxecto da bóveda ártica que, espérase, salvagarde a diversidade de colleitas do planeta no caso dunha catástrofe global. O proxecto constrúese nunha das remotas islas Svalbard ó Norte de Noruega, a uns 1.000 kilómetros do Polo Norte.

Ler máis na BBC.

Non hai comentarios pero ainda estás a tempo

Deixa unha resposta