ivanpuentes.com

Rapa no Curro da Capelada

Rapa das Bestas na Capelada

Andiven onte pola Serra da Capelada (Cedeira), concretamente, como lle gustaría dicir a Xaime, estivemos pola Pena Toxosa, na Rapa das Bestas. Foi a primeira vez que fun a un curro; sempre entendín esta festa como unha expresión máis da violencia humana materializada contra os animais, como unha celebración máis das que tanto abondan nas que se somete a eses a un maltrato gratuíto. Sen embargo, teño que dicir que a miña visión cambiou algo ou, polo menos se matizou.

A rapa en si é un verdadeiro espectáculo e non é dende logo violenta nin agresiva, depende da maestría e sensibilidade do “acurrador”. Outra cousa é o suposto espectáculo co que rematou a xornada na Capelada, a pelexa de cabalos, encerrados nun curro cativo e azuzados para que se traben, para que se repartan couces… mentres son xaleados polos asistentes. Isto, que hoxe é portada en case tódolos xornais, si que me pareceu lamentable, pero non ten nada que ver coa rapa.

2 comentarios

  1. Xaime | 26 de Xuño de 2006 - 2:01 pm

    Home, é certo que en Pena Toxosa houbo imaxes non aptas para todos os públicos e tamén que houbo loita de garañóns porque se xuntaron sementais de diferentes manadas (cousa que pasa habitualmente nos nosos montes), pero tampouco se fixeron verdadeiro dano. Se cadra non é moi ético favorecer a pelexa. Non sei. En todo caso as imaxes son impresionantes.

    Loita de garañóns
  2. magardi | 27 de Xuño de 2007 - 10:09 am

    Estiven a ler os vosos comentarios, e se mo permitides, eu levo ido a rapa da capelada toda a miña vida, está claro que a importancia que lle dan os xornais a pelexa de garañons é demasiado, e visto así si poderia parecer violencia; pero tedes que recoñecer, que iso é lei de vida entre os cabalos, os que estamos rodeados deles non temos que ir a capelada o dia da rapa velo, senon que calquera dia paseando polo limo ou polo monte da capelada podemolo ver, xa que é a maneira que utilizan para levantarse unha egua uns a outros, ou para definir o seu territorio.

    Ainda así, tedes que perdoar pero a pelexa de garañons do curro, non valeu para nada, pq nin se pelexaron siquiera, nin os primeiros nin os ultimos vamos, xa os houbo mellores.
    Recoñezo que a foto que puxo xaime é impresinante, pero de que ano é???
    jaja
    un consello, non deixedes de ir a rapa, se verdadeiramente vos gosta.

Deixa unha resposta