ivanpuentes.com

Rouco pide ós sacerdotes que recen por España nas misas

Teño unha úlcera no estómago. Xa me pareceu esperpéntico cando me enterei de que a Conferencia Episcopal pretendia entregarlle a Ratzinger, na súa visita a Valencia, un documento no que os bispos disertaban sobre o perigo no que segundo eles se atopa a unidade de España; ó final grazas á presión do sector máis aperturista e pogresista da curia esta inxerencia eclesiástica na política non saiu adiante. Pero os cerebros rancios e resesos que dirixen a igrexa española, encabezados por Rouco Varela, non se dan por vencidos na súa evanxilización partidista a prol do PP e agora o villalbés, na súa condición de arcebispo de Madrid, pídelle ós curas da súa diócese que nas misas inviten ós fieis a rezar pola unidade de España.

En concreto, a petición debe dicir así: “Oremos por España. Para que las instituciones democráticas y todo el pueblo fomenten en España la verdad y la libertad, la justicia y la paz, la unidad y la concordia y el pleno reconocimiento de los derechos fundamentales de todos. Roguemos al Señor”.

Non o entendo, Deus é omnipotente e omnipresente, Él todo o pode e todo o ordena. De feito, non podemos abortar, porque aínda que te quedes preñada sen querer, esa é a vontade de Deus e nela nós non podemos interferir, pola mesma razón non podemos legalizar a eutanasia, nin investigar con células nai. En cambio, no terreo político todo é diferente, Deus faia ás veces e a Conferencia Episcopal ten que correxir os seu erros; aplicando a súa lóxica, o 14 de marzo Zapatero gañaría as eleccións por vontade divina e froito delo, tamén por vontade divina, se estarían a reformar os estatutos de autonomía, pero aquí os bispos non aceptan a vontade de Deus, senón que piden ós fieis que recen pola unidade de España ou, o que é o mesmo, que recen porque a dereita volva ó goberno.

Creo que se a Igrexa decide actuar e xogar terrenalmente, non debería gozar de ningún dos extraordinarios dereitos que ten recoñecidos e si que debería ter as mesmas obrigas e dereitos que os demais mortais que vivimos nesta España que a dirección da curia ve en proceso de descomposición.

Máis en El País

3 comentarios

  1. miguelnr | 2 de Xullo de 2006 - 5:15 pm

    El problema es que la Conferencia Episcopal Española, que es elegida por un sistema absolutamente feudal y poco democrático (y eso da cuenta ya del tipo de legitimidad que tiene para hablar) representa a su vez a un Estado extranjero, que es el Estado Vaticano (por eso se puede defender la tesis de que el Concordato entre España y el Vaticano es constitucional, porque es un Tratado internacional, sino fuera así sería absolutamente inconstitucional), y lo que no se puede tolerar, es que un Estado extranjero le diga a España lo que debe o no debe hacer en su legislación nacional.

    La Constitución española dice que la soberanía nacional reside en el pueblo español, algo que algunos deberían recordar, no solo para atacar a Maragall, sino para todo, porque si puede ser discutible que el concepto de soberanía se diluye por las reformas estatutarias, ya no se que deberíamos opinar entonces cuando una potencia extranjera, fuera de nuestras fronteras, se digna a decirnos lo que debemos o no debemos hacer con nuestro propio país.

    Con lo cual ya no se con que cara se presentan algunos a hablar de la disolución del concepto de la soberanía nacional, cuando pretenden poner a la nación española de rodillas ante intereses extranjeros.

  2. Tamara | 4 de Xullo de 2006 - 4:34 pm

    Jeje, muy bueno Iván, muy bueno.

  3. Óscar | 11 de Xullo de 2006 - 9:44 am

    Non me pense que lle quero defender a Igrexa, pero só me gustaría facer duas puntualizacións que considero necesarias.
    O concepto que ten vostede do Deus católico, está bastante afastado da teoloxía católica. Máis diría que se achega ao pensamento luterano e calvinista.
    Bastaría con que pensara nos sacramentos católicos fronte aos das igresas reformistas para caer na conta.
    E a segunda matización, o embarazo dunha muller non é un feito sinalado por Deus. E un acto humano, causal -e neste punto, o termo causal debe ser ben entendido- e por tanto, unha vez sucedido o acto da concepción, vostede como eu, podemos ter versións distintas sobre a natureza do acto mesmo da concepción.
    Pero non nos levemos a engano. Vostede pode perfectamente dicir que o feto é un non-ser, e malia a todo, outros defendemos desde un punto de vista científico, que a concepción desde o primeiro momento crea vida.
    Como eu estou en contra do asasinato selectivo de vida, póñome de principio contra do aborto, pero non por iso son un toleado ultraortodoxo, nin teño que confesar ningunha relixión.
    Sobre a oración, a verdade, é sinxela, e creo que entra plenamente dentro do razonamento propio da Eclessia.
    Por outra parte, a min a sua extrañeza tamén ma produce ver a 20.000 siareios cantando o himno de breogán/o lalalá, ou a marsellesa, cunha pelota polo medio.
    Con ese canto contra o rudo encono, os imbéciles, etc.
    E non imos por iso botando palabrotas, do moi feo e repulsivo que se escoita nos campos…
    Unha aperta.

Deixa unha resposta