Anotacións arquivadas do mes de Xuño de 2006
Agoniza o goberno de dereitas de Ferrol

Parece que por fin se vai consumar o que fontes internas do PP ferrolán levan algo máis dun mes anunciando, a ruptura definitiva do pacto de goberno entre o PP e Independentes por Ferrol, que deu ós primeiros a alcaldía desta cidade en 2003. A folla de ruta podería pasar polo seguinte: o Alcalde cesa a Pita Romero (IF), concelleiro de urbanismo, culpando a este de tódolos escándalos que nesta materia se veñen producindo de xeito reiterado en Ferrol dende o inicio da lexislatura e, ante isto, Juan Fernández (IF), Primeiro Tenente de Alcalade, anuncia a saída de I.F. do Goberno. O PP quedaría gobernando en minoría ata o remate da lexislatura.
Isto é o previsible, pero ollo a determinadas sorpresas que o Alcalde poda dar. Rumoréase que logo do cese de Pita Romero e a saída de I.F. do Goberno, Juncal estaría en disposición de ofrecerlle a algún dos concelleiros de Juan Fernández a súa permanencia á fronte da concellería que dirixe neste momento, coa excusa de que está moi contento co seu traballo e de que a cidadanía o valora positivamente, pero coa clara intención de provocar unha fonda división nos Independentes por Ferrol que mellore, en detrimento destes, as expectativas electorais do PP na cidade.
Espero que máis cedo que tarde se poña fin a este acordo de goberno que, dende o primeiro día, non perseguiu máis que o beneficio persoal e partidista. Juncal, nun intento desesperado por lavar a súa imaxe e a do PP local, bota do goberno a I.F. coa intención de que sexa este partido o que cargue coas culpas do desgoberno, pero a responsabilidade é compartida, porque tanto ten Xan como Pericán. O importante é que cheguen as eleccións canto antes e sexan os ferroláns e ferrolás os que lle poñan cabeza a esta desfeita.
Xapón perde no seu intento de asasinar máis baleas

Xapón faiou por segundo día consecutivo no seu intento por lograr un apoio maioritario na súa campaña para suavizar as regulacións internacionais contra a caza de baleas. Esta medida requería para a súa aprobación o respaldo do 75% dos membros da Comisión Baleeira Internacional (CBI), reunida esta fin de semana, pero foi rexeitada por 31 votos contra 30. A abstención de China, as islas Salomón, Guatemala, Kiribati e Corea do Sur foi clave.
Previamente, o país nipón xa sufrira dúas derrotas en sendas votacións rexistradas o venres. Na primeira delas propoñíase que o voto fose segredo, o que previsiblemente favorecería o apoio á súa postura por parte de varios países do Caribe e o Pacífico, ó evitarse o escarnio internacional hacia quen respalda as capturas. Segundo Greenpeace, Tokio reclutou durante os últimos anos para a súa causa a un total de 21 países a cambio de pagos por valor duns 300 millóns de dólares (casi 240 millóns de euros).
Durante anos, Xapón ven intentando revertir a moratoria de 1986 contra a caza comercial de baleas. Nesta ocasión prevíase que estivese máis preto que nunca de lograr a maioría, que permitise ó país asegurarse de que a CBI se desentendera da protección dos cetáceos.
Festa do Socialismo de Ferrolterra

Hoxe celebramos en Ferrolterra a Festa do Socialismo da Comarca. Acto político e xantar de mlitantes e simpatizantes do PSdeG-PSOE, da UGT e das Xuventudes Socialistas de Galicia, as tres organización fundadas baixo o paraugas de Pablo Iglesias hai máis dun século.
A unidade de acción dos/as socialistas, e da esquerda en xeral, é fundamental para afondar na loita por unha maior igualdade, xustiza e liberdade na nosa sociedade. Espero que esta fose só a primeira das moitas festas que os socialistas da comarca de Ferrolterra celebremos unidos.
Moitas grazas a todos/as os que viñestes de fóra da comarca. E noraboa a Nacho, o Secretario Comarcal de XSG, que podedes ver na foto e que tivo unha intervención espectacular no seu primeiro acto público.
Felipe II e o can mouro
Deixo un novo vídeo dos comentarios de Wyoming sobre o programa de Iker Jiménez. Hoxe toca o misterio de Felipe II, moi de moda estes días por anunciar a promoción 2×1 de Carrefour en TV, e o can negro que se lle aparecía polas noitas.
Patriotismo deplorable

O patriotismo nunca foi un sentimento que aflorara demasiado en min, xa que sempre crin nas persoas máis que nas patrias; como diría o meu amigo Xaime, a miña patria é a humanidade. Entendo o patriotismo como a defensa solidaria dos intereses dun país e a identificación persoal con este. Pero hai outro tipo de patriotismo que se basea na pretendida apropiación dos símbolos e do mesmo país por parte duns poucos para atacar e discriminar ós que pensan de xeito diferente, para dividir e excluír. Este patriotismo, que sempre é semente de violencia e, no caso máis extremo, orixe na política de rexímenes dictatoriais, dame noxo.
Cando onte España goleaba a Ucraína no Mundial pensaba nos titulares grandilocuentes, preludio sempre do veciño fracaso e da decepción dos siareiros españois, cos que a prensa deportiva abriría hoxe os xornais: Somos os mellores, España a por todas, Treme Brasil ante a vermella, O mundo ríndese ante a selección española… Pero en ningún dos meus desbarres mentais pensei que podería ler o que hoxe publica El Mundo, que titula en portada a catro columnas, como nova máis destacada da xornada: “A goleada da selección dispara as expresións de patrotismo en España”. Isto no mesmo día no que ETA emite un comunicado no que fala máis claramente de paz definitiva.
Na mesma portada, nas dúas páxinas que na sección de España, non en deportes, lle adica no interior a esta suposta noticia e mesmo nun editorial titulado “…Y Ahora Resulta que sí Somos Españoles”, recóllense frases como:
[…] muchos españoles salieron a la calle, especialmente en la madrileña plaza de Colón, bajo la inmensa bandera instalada en tiempos de Aznar (supoño que o feito de que Cuatro celebrara aquí o seu programa tería máis que ver na afluenza de xente que a ola de patriotismo da que fala Pedro J.) […] El PP habla del “legítimo orgullo de la nación más antigua de Europa” […] Carod apuesta por la victoria de Polonia; Saura quiera que venza el equipo de Brasil; y Artur Mas dice que, “como no hay selección catalana”, prefiere a España (que malíiiiiiisimos estes cataláns amigos de ZP, inimigos de España) […] tan alto llegó la marea que hasta ese grupo de comunicación (Cuatro - PRISA) -el mismo que repudió en su día la bandera de la Plaza de Colón y que tantas veces ha avalado el replanteamiento de la idea de España- se subió a la ola de entusiasmo y colocó una enorme enseña nacional en la portada de su página web (Alaaaa, que fuerte!), demostrando que -con cinismo- se puede hacer negocio de una idea y de su contraria (o do negocio que llo pregunten a Pedro J. coas probas que cada día inventa sobre o 11-M para vincular este con ETA) […] la cadena de PRISA convocó a los aficionados para `vender´España […]
Xa andamos de novo coas parvadas aznarianas dos antipatriotas e desleais, que son basicamente todos os que non pensan coma el. A ver se esta dereita rancia se entera dunha vez que os que non son centralistas, amantes dos símbolos, patriotas, demagogos, nacionalistas españois, amantes do monolingüismo, nostálxicos da unha, grande e libre… tamén se poden sentir españois e, sobre todo, poden facer gala da loita, incluso coa súa vida, pola España democática. “Patriotas de Hojalata”, como diría Zapatero.
A Consellería de Medio Ambiente traballa polo medio ambiente

Parece unha obviedade, pero acostumados como estábamos a unha consellería que se guiaba por todo tipo de criterios menos os da protección ambiental, é de loubanza que Pachi Vázquez faga o seu traballo.
Onte estivo de visita en Ferrolterra e anunciou dous asuntos moi importantes: o incio das obras da depuradora da banda Sur da Ría de Ferrol (Neda, Fene e Mugardos), promesa incumprida do PP dende o ano 2002 que permitirá, por fin, a depuración integral da Ría, e a blindaxe definitiva do Parque Natural das Fragas do Eume, ó afirmar que obviamente “ten moi mala pinta” o proxecto de abrir unha mina de andalucita no parque e que é “moi difícil” autorizar unha explotación deste tipo nun espazo protexido como o das Fragas.
A Ría de Ferrol e as Fragas do Eume son os maiores tesouros medioambientais de Ferrolterra, protexelos non é simplemente protexer o medio ambiente, senón que é apostar por un modelo de desenvolvemento sostible que xere riqueza e permita crear máis postos de traballo, vinculados ó turismo, ó ocio e a producción marisqueira, e polo tanto maior riqueza. Así si que se traballa en serio polo medio ambiente e polo desenvolvemento e a diversificación de Ferrolterra.
Os “huevos” de Rajoy en Cataluña

Dende logo hai que recoñecer o valor de Rajoy, logo de todas as falsedades e insultos que el e o seu partido levan sementando demagoxicamente durante o último ano contra Cataluña, lembro que os seus acólitos chegaron incluso a pedir o boicot ós productos cataláns, para ir a esta comunidade a facer unha campaña a pé de rúa pedindo o non ó Estatut.
Coincido con Maragall en condear rotundamente as caceroladas, ovos e boicots que estes días se lanzaron contra o PP, porque o máis importante en democracia é a liberdade de expresión. E difiro totalmente dos políticos de Esquerra que semixustifican estes ataques pola política incendiaria e irresponsable que realmente práctica o PP dende hai demasiado tempo.
Exemplo desa política é a reacción dos populares a estes ataques. Martínez Pujalte e Acebes, acostumados como están a vomitar irresponsable e conscientemente mentiras, acusaron destes ataques ó Partido Socialista, que, acostumado como está a traballar pola democracia e a liberdade dende moitos anos antes da creación do PP e de que os seus fundadores decidiran afortundamente pasarse ó lado demócrata da sociedade, non é en absoluto culpable. Acebes, Rajoy e Pujalte deberían ter aprendido que a violencia só xera violencia e as súas declaracións son tan desafortunadas ou máis que as de Esquerra. ¿Ata cando aturará o súbdito Pique esta situación?.
Empezamos con ilusión, como case sempre

Non son moi futboleiro, pero si que desfruto de partidos especiais como os dun capionato mundial. Hoxe vin a goleada de España cos meus compañeiros de traballo e dende logo que desfrutei, polo partido e polo ambiente no traballo. O comezo promete e non creo que Tunicia ou Arabia Saudí prantexen moitos problemas, pero nas seguintes rondas xa faleremos… Recoñézoo, coa selección española son pesimista.
Guantánamo: vergoña mundial

Dende finais de 2001 Estados Unidos, o suposto exportador de domocracia ó resto do planeta, mantén cautivos en Guantánamo (Cuba) a centos de homes capturados en diversos países do mundo. Son persoas acusadas de terrorismo por suposición, xa que non foron sometidos a xuizo, contra moitos deles nin siquiera se teñen formulado cargos, están constantemente atados de pes e mans, en celdas minúsculas, sometidos a interrogatorios inhumanos nos que, segundo a ONU, se utilizan métodos de tortura, vexacións continuas… E ninguén protesta moi alto contra esta aberración.
Esta semana suicidáronse tres prisioneiros, os tres primeiros dos que temos noticia, e tivemos que aguantar por riba as declaracións do detestable e incapacitado Presidente do USA dicindo que está “seriamente preocupado” polo incidente e que ordenou que os corpos fosen “tratados humanitariamente e coa maior sensibilidad cultural” para amosar o respeto polas tradicións musulmanas. Aínda que peor foron as palabras do contraalmirante Harry Harris, quen dixo que “os prisioneiros son listos e están moi comprometidos coa súa causa” e que estes suicidios “non foron un acto de desesperación senón, máis ben un acto de guerra asimétrica contra nós”. Son as palabras de dúas persoas enfermas, como pode haber en calquera país, pero que neste caso son moi graves e preocupantes posto que se trata de dúas persoas que dirixen a primeira potencia mundial.
A ONU acaba de solicitar a clausura de Guantánamo, pero xa sabemos que ó amigo (de Aznar, claro) George o que diga a ONU sóplalla, como lla traen ó pairo tódolos organismo internacionais que non respalden a súa política pseudoterrorista. O lamentable é que o resto da comunidade internacional saiba o que pasa neste campo de exterminio ianqui, que é o maior ataque contra os dereitos humanos que se ten producido por un país democrático dende a II Guerra Mundial, e que ninguén faga nada.
Respectar os dereitos humanos e ós organismos internacionais que velan polo seu cumprimento non é ser bon cos outros, é apostar pola vida e a dignidade das persoas para que nos sexamos tamén tratados así, é non usar a violencia para non xerar máis violencia, é en definitiva, actuar dun xeito que reporte máis paz e máis seguridade no mundo. O fácil agora é mirar para outro lado, pero todo acto ten a súa repercusión e a factura de Guantánamo seguro que chegará en forma de máis odio e máis violencia, por iso tamén é a nosa responsabilidade poñer fin a esta vergoña mundial.
Contubernio no Concello de Fene


Contubernio é a palabra coa que algún concelleiro do BNG de Fene definiu nun pleno a relación que os grupos da oposición e moitos funcionarios mantiñamos coa anterior Interventora e Secretaria do Concello, cando do que se trataba era da normal relación profesional que debe existir entre políticos e traballadores nun concello democrático. Logo de múltiples presións laborais e políticas, o grupo de goberno logrou que Martina e Asunción tiveran que marchar a traballar a Canarias a primeira e a Ponteceso a segunda.
Algo lle temos que agradecer ó BNG, a boa relación persoal que a consecuencia dos seus ataques e presións se fraguou entre todos nos. Esta fin de semana estiveron en Fene e celebramos con elas a merecida cea de despedida que non lles puidemos adicar cando marcharon. Asun e Martina, grazas pola vosa profesionalidade.
