Anotacións arquivadas do mes de Xuño de 2006
Sen comentarios

Son moitas as impresións, recordos, ideas… que me suxire esta imaxe de Fraga e Ana Botella na manifestación da AVT deste sábado (”¡la calle es mía!”) pero prefiro non comentar nada e que simplemente a observedes e reflexionedes sobre o que vos evoca. Esta foto xamais a publicarían determinados medios hai un ano.
Eduardo Madina e a rebelión das víctimas II

Falei o outro día do artigo de Eduardo Madina, deputado socialista e víctima de ETA, no que contaba as impresións que lle producía a imaxe de Ángel Acebes. Varios medios fixéronse eco do seu texto e o seu blog inundouse de comentarios, a inmensa maioría deles detestables, reflexo por outra parte do verdadeiro sentir da dereita deste país hacia ás víctimas, para as que piden respeto, pero só para as que pensan como eles, claro.
A todos eles contéstalles Madina nun segundo artigo que non desmerece o primeiro:
“He cerrado la función del anterior post en el comentario número 700. De esa cifra, unos 600 eran anónimos (no más de 15 valientes en total, escribiendo durante todo el día), donde asesino, hijo de puta, cómplice de ETA, cómplice del 11-M, amigo de Otegi… eran las principales aportaciones. (…) Ni que decir tiene que el post sobre el gran Acebes era, sencillamente, un comentario en el que no hay ni un sólo insulto. (…)
Gente que no soporta que se toque a sus líderes políticos pero que desea la muerte a quien lo hace, gente que me recomienda un psicólogo mientras me dice que lo mejor hubiera sido exterminarme a mí junto a toda mi familia y termina su correo con un ¡viva Alcaraz!, gente que me acusa de estar dando alas a los asesinos y que, a la vez, dice sentir pena porque ETA no me mató, gente (siempre de forma anónima)cargada de odio, que señala sus deseos de muerte a todos los socialistas vascos justo antes de escribir alabanzas a Aznar y a Acebes, a Losantos y César Vidal. Gente que escribe su pena por que yo siga vivo -qué pena aquella bomba que no te mató, dice más de uno- mientras me acusa de tener síndrome de Estocolmo. Gente que me pregunta cómo puedo insultar así a Acebes mientras me dedica varios insultos del tipo hijo de la grandísima puta. Gente que dice que soy un asesino de ETA y termina su comentario pidiéndome que acuda a la manifestación de este sábado -ven si tienes huevos, Madina-. Gente que me llama homosexual o transexual (como si esto fuera un insulto), gente que cree insultarme comparándome con Zerolo (como si esto no fuera un honor para mí), gente que se dice demócrata y que pide la desaparición del PSOE.
(…) Ha sido maravilloso sí. Una experiéncia única y probablemente irrepetible, sencillamente impagable. Hacía mucho que no me lo pasaba tan bien y que no me reía tanto (…) Gracias por recordarme el orgullo que siento de ser socialista.”
Artigo completo en Molinos de Papel.
I Festa do Socialismo da Comarca

Esta mañá Nacho, o Secretario Comarcal de XSG, Dopico, Secretario Comarcal da UGT e eu presentamos en rolda de prensa a I Festa do Socialismo da Comarca de Ferrolterra, que celebraremos o vindeiro sábado, 17 de xuño, ás 13:00 horas no Piñeiral da Paia de Cabanas.
A festa comezará cun acto político no que, ademais dos tres secretarios comarcais, intervirán representantes nacionais do PSdeG, da UGT e de XSG. Logo haberá na mesma praia un xantar entre militantes e simpatizantes das tres organizacións e remataremos coa actuación de diferentes grupos musicais. Todo por 12 euros.
Sempre pensei que os socialistas, independentemente da organización na que cada quen milite, debemos traballar todos xuntos e iso en Ferrolterra estámolo a facer. Só así lograremos que o cambio socialista que xa se deu en España e en Galicia chegue tamén á nosa comarca.
Estades todos e todas invitados a vir. Agárdovos ;-)
AVT, apoderados do PP

Dicía hai uns días Rajoy, referíndose á futura reunión entre o Partido Socialista de Euskadi e Batasuna, que se ían reunir os apoderados de ZP e ETA, pero o PP si que ten verdadeiros apoderados. Falei outras veces de como o Partido Popular instrumentaliza ás víctimas do terrorismo para atacar ó Gobermo e de como a AVT, a Asociación de Víctimas do Terrorismo, é hoxe un aparato ó servizo dos populares. Rajoy deixouno ben claro hai uns días cando Jiménez Losantos o entrevistou en La Mañana de COPE e dixo cousas como estas, copiadas directamente da transcripción íntegra que podedes atopar na web do PP:
Federico Jiménez Losantos: Pero su partido, don Mariano, no ha convocado ninguna de esas manifestaciones.
Mariano Rajoy: Mire usted, don Federico, yo creo que mi partido. (Silencio) ¿Quiere que se lo diga? (Risas)
Federico Jiménez Losantos: Sí , mientras lo van pensando …
Mariano Rajoy: No, no, no. No lo voy a ir pensando. Lo tengo muy pensado, lo que no he pensado es si es bueno o malo decirlo. MI PARTIDO ES EL QUE MOVILIZA TODAS LAS MANIFESTACIONES. ES EL QUE RESPALDA, MOVILIZA Y LAS LLENA.
Federico Jiménez Losantos: Perdone, don Mariano, si lo sé perfectamente.
Mariano Rajoy: Muchas gracias.
Se flipaches léndoo, podes escoitalo
Mañá está convocada en Madrid pola AVT a cuarta manifestación contra a política antiterrorista do Goberno, “Negociación no meu nome, ¡Non!” é o lema, negociación que aínda non existe. Ademais, seguindo a estratexia de Acebes, Jiménez Losantos e Pedro J., a marcha vai ter un segundo lema: ¡Queremos saber a verdade!, en alusión ós atentados do 11-M, xa que como di hoxe en El Mundo o Presidente da AVT, “calquera persoa cun mínimo de sentido común é consciente de que aínda nos atopamos moi lonxe de saber o que ocurriu”. Hei de supoñer que para el o exemplo de persoa con sentido común é Ángel Acebes. É curioso que haxa unha Asociación de Víctimas do 11-M que non cuestiona a investigación da policía e da xustiza, que nunha democracia son os que teñen que investigar, e que sexa a AVT, apoiándose na teoría da conspiración de Pedro J. revestida de pseudo-investigación periodística, a que reclame isto. ¡Curioso, si!
En fin ¿Que veremos mañá en Madrid? ¿Víctimas do terrorismo loitando democraticamente polos seus dereitos ou, como recoñece Rajoy na entrevista, militantes e simpatizantes do PP camuflados de víctimas que teñen como único fin desgastar ó Goberno, porque non soportan a idea de que sexa a esquerda, coa palabra, a que poda lograr definitivamente a paz en Euskadi?. Tomade nota das pancartas e berros da manifestación, a ver a que conclusión chegades.
Enterros ecolóxicos, última moda

(La Voz) Ata os enterros poden efectuarse dun xeito que non afecte ao medio ambiente. Chegan os cadaleitos biodegradables, “polvo eres y en polvo te convertirás”. Os enterros «ecolóxicos» gañan rapidamente terreo no Reino Unido e todo apunta a que nun futuro próximo esta moda estenderase por toda Europa.
Parece ser que o máis popular, dentro desta rama, son os enterros no medio do monte, nos que os cadáveres se introducen en féretros biodegradables, de papel, madeira de salgueiro ou bambú e que se sepultan logo xunto a un grupo de árbores. A tumba recúbrese logo de flores e arbustos de forma que o corpo termine absorbido pola madeira.
Eduardo Madina e a rebelión das víctimas
Onte falei de Alcaraz e da AVT, hoxe quero falar doutras víctimas do terrorismo, daquelas que sufriron a violencia nas súas propias carnes, pero que, sen embargo non están cegadas polo odio e para as que o máis importante é a fin da violencia, non o ollo por ollo. O arquetipo deste tipo de persoa, valente para min, foi sempre Eduardo Madina, un compañeiro das Xuventudes Socialistas ó que unha bomba de ETA o deixou sen unha perna, pero que sempre tivo claro que a fin do terrorismo pasaba necesariamente polo diálogo.
Déixovos un artigo que escribiu no seu blog, Molinos de Papel, sobre a impresión que lle produce a foto de Ángel Acebes. Creo que as súas reflexións teñen unha importancia considerable posto que se trata dunha víctima directa do terrorismo, non dun familiar dunha víctima, como ocorre no caso de Alcaraz ou doutra moita xente da AVT, e que sen embargo se rebela contra o pensamento único que estes coa axuda do PP pretenden impoñer. Eduardo é dos primeiros, pero por fin se empeza a escoitar a voz de víctimas ás que non as representa o integrismo que domina na dirección da AVT; espero que esta rebelión se faga aínda máis presente e que quede claro que ningunha asociación e moito menos ningún partido político se poden arrogar a representación das víctimas, porque estas son plurais, como a sociedade.
Estimados amigos,
Aunque bien pudiera parecer que es un guiñol, Acebes existe. Es de carne y es de hueso. Desconocemos el color de su sangre y el drenaje de sus riñones pero sabemos a ciencia cierta que Acebes respira y que Acebes anda. El Señor en cuestión es éste de la fotografía ¿Qué me dicen de él? Fijense en esa postura de cura franquista cargado de odio y rencor, esa predisposición al permanente vómito tan característica de los demócratas de centro reformista. ¿No les molesta la foto? A mí sí. Si me acerco a la imagen me pongo nervioso. Es como si de esa boca saliera un insoportable aliento sobrecargado, un penetrante olor a vinagre caducado que me revuelve en mi silla.
¿Que queren realmente Francisco José Alcaraz e a AVT?

Levo moitos días esquivando este asunto, pero xa non podo máis. Francisco José Alcaraz, Presidente por desgracia da Asociación de Víctimas do Terrorismo, estase a revelar como a parella ideal de Ángel Acebes. Os dous invisten diariamente grandes doses de enerxía e de mentiras nunha fin común, evitar que a paz en Euskadi sexa unha realidade, polo menos mentres goberne Zapatero. Triste obxectivo vital para unha persoa que ten a honra de representar a unha parte substancial das víctmas do terrorismo.
¿Por qué? Lévolle dado moitas voltas e creo que o problema é o partidismo extremo de Alcaraz, que o leva a usar de xeito interesado politicamente a dor das victimas. Comprendo perfectamente que a estas lles custe racionalizar e valorar obxectivamente a oportunidade que para a paz se ten aberto en Euskadi, porque estan marcadas por unha experiencia vital extrema, o asasinato ou mutilación dunha persoa próxima, que tingue os seus sentimentos e análises e da que evidentemente non poden escapar. Agora ben, usar isto para manipular politicamente, apoiar de xeito sistemático os posicionamentos dun partido e desacreditar sistematicamente con insultos e mentiras as accións dun goberno que non está a facer máis que aquilo ó que se comprometeu cos cidadáns e que respaldan tódolos partidos políticos salvo o PP, paréceme deplorable. E é a isto ó que xoga Francisco J. Alcaraz.
Sempre pensei que todos queríamos a paz, pero xa me decatei que non é así, que hai xente que prefire que siga habendo mortes con tal de que non se fale cos terroristas. Eu dende logo, como moitas das víctimas do terrorismo non alienadas polo PP ou por Alcaraz, prefiro que os meus representantes políticos falen cos etarras e mesmo cheguen a acordos razonables con eles, que que teñamos que sufrir un só asasinato máis. É incrible que a AVT estea máis preocupada da venganza, do ollo por ollo, que de lograr unha paz definitiva que poña fin a tantos anos de sufrimento.
Serendipia: Iker Jiménez vs. Wyoming
En homenaxe a Xaime, un dos meus mellores amigos e un gran admirador de Iker Jiménez (isto último é irónico), déixovos este vídeo dunha das usuais parodias do Gran Wyoming sobre algúns dos contidos de Cuarto Milenio, o programa que sobre “a outra realidade” dirixe Jiménez en Cuatro. De paso aprendemos o que significa serendipia.
A Desigualdade Social e a Dobraxe no Cine
Paréceme moi interesante a reflexión que Martin Varsavsky, empresario arxentino de éxito, fundador entre outras empresas de Jazztel, fai no seu blog sobre a aprendizaxe do inglés en España, a influencia da dobraxe cinematográfica e, sobre todo, a desigualdade social que isto produce polo necesario que é o inglés na maioria dos traballos e o acceso restrinxido, limitado a rendas altas, á ensinanza de calidade deste idioma.
“El tema de saber o no saber inglés produce en España una verdadera división de clases. Aunque muchos españoles tienen una visión bastante negativa de la cultura anglosajona, apenas su situación económica se lo permite envían a sus hijos a colegios ingleses en España o institutos ingleses en el Reino Unido. El resultado es que el inglés se ha transformado en una manera de promover la inequidad. Por un lado, las leyes y la “protección” de la cultura general crea un ambiente en el que el inglés no se ESCUCHA. Pero, por otro lado, sólo los que tienen dinero ESCUCHAN el inglés y consiguen muchos trabajos claves…”
Hoy no me puedo levantar

Hoxe non podo levantarme, literalmente. Como xa comentei, estou pasando esta fin de semana en Madrid cuns amigos e onte fun ver, por fin, Hoy no me Puedo Levantar, o musical que sobre as cancións de mecano se representa dende hai máis dun ano no teatro Movistar de Madrid.
Nacín en 1980 e lembro a Mecano como un dos referentes musicais da miña nenez. Mecano é para min o icono dos 80, unha década que para medio país foi a da movida e que para min foi simplemente infancia, pero que dende logo recordo con nostalxia; máis que os 90, que foron sen embargo os da miña adolescencia. Os 80 e Mecano son liberdade, ilusión, mocidade, rebeldía e utopía.
As permanentes de rizo pequeno, as ombreiras enormes, os lunares, as escuálidas garabatas de coiro negro, o calcetín branco con zapato negro… xa ulen moito a alcánfor, pero fun ó musical con espírito morriñeiro, desexando resucitar no presente parte do meu pasado; conseguino coas cancións de Mecano, que me foron lembrando un a un episodios moi esquecidos da miña vida. Como di Mario, o protagonista do musical, os 80 son para algúns unha década denostada da que non queda nada, pero para min dos 80 queda todo. Gracias, Jose e Nacho, por esta obra.
