ivanpuentes.com

Europa condea, por fin, o Franquismo

El Roto Franquismo UE

¡Canta razón ten El Roto! Pero parece que a algúns lle fan falta séculos para avanzar, aínda que o avance consista tan só en condear unha dictadura e recoñecer os valores da democracia e a liberdade. Só un deputado ultradereitista e Jaime Mayor Oreja, que visto o visto tal vez debería recibir esa mesma calificación, se opuxeron á condea do Parlamento Europeo ó réxime fascista de Franco. E este PP é o que pretende dar leccións de defensa da liberdade e a democracia no proceso de paz en Euskadi. ¡Que vergoña!

Como El Roto, creo que esta condea, aínda sendo moi positiva, chega tarde. Deberiase ter producido antes, como ocorreu coas demais dictaduras europeas, condeadas, repudiadas e enterradas dende hai medio século. Co Franquismo, por interese estratéxico de EE.UU. non pasou iso, froito do cal hai que aturar que un dos dous grandes partidos, a estas alturas da historia, aínda sexa incapaz de condenar un réxime opresor e asasino como o Franquista. Tamén nos debemos acordar de como os EE.UU. liberaron a toda europa da tiranía fascista logo da II Guerra Mundial e de como, polo contra, ós españois nos condenaron a 30 anos máis de dictadura ó converterse en aliados estratéxicos de Franco. En fin, a ver se chega pronto ó Congreso a Lei da Memoria Histórica, que moita falta lle fai a algúns.

Non hai comentarios pero ainda estás a tempo

Deixa unha resposta