A moralidade da Igrexa Católica
A visita do Papa a España deixou varios detalles que me chamaron a atención, ou directamente me indignaron, e que están en relación coa coherencia moral dos membros e líderes da Igrexa Católica:
- No avión papal Joaquín Navarro Valls, voceiro da Sante Sé, é preguntado polos xornalistas sobre a decisión do Presidente do Goberno de non asistir á misa que oficiará o Papa e a voz de Su Santidad solta sen ningún pudor que en anteriores viaxes papais, dirixentes como Fidel Castro, en Cuba; Daniel Ortega, en Nicaragua; ou o xeneral Jaruzelski, na Polonia Comunista, participaron en misas oficiadas por Xoan Paulo II. Poderiáselle contestar a Navarro Valls, seguindo coa súa enumeración de dictadores, que Franco tamén saía da igrexa baixo palio, pero que, precisamente por ser España un estado democrático e aconfesional, o Presidente do Goberno non participa dun rito puramente relixioso; outra cousa é, se queremos, os funerais de estado cando ocorre unha desgraza. Esquéceselle ó voceiro Vaticano que Chirac ou Bush, cos que prefiro comparar a ZP (máis con Chirac) tampouco asistiron ás misas do Papa nos seus países.
- Cando José Luís Rodríguez Zapatero se entrevista co Papa no Pazo Arcebispal, algunhas das persoas alí concentradas e outras das que seguen a retransmisión polas pantallas de televisión, adícanlle ó Presidente do Goberno, coa mesma melosidade coa un intre antes tocaban a súa guitarra española entonando “un pueblo es” ou “alabaré, alabaré”, bonitas e catecuménicas erxpresións como “hijo de puta”, “traidor”, “cabrón”, “Vete con la ETA, que son tus amigos” ou “ETA y ZP, la misma mierda es” Consignas que denotan bondade e caridade cristiana en todas e cada unha das súas letras; ohh, que pureza de espíritu!!!! persigamos a los rojos infieles!!!!
- Rouco Varela, o noso villalbés máis ilustre, agora que Fraga desfruta no Senado do seu particular Imserso, deixounos como non outra das súas pérolas evanxelizadoras. Afirmou que España é territorio de misións. Só falta que chame a unha nova cruzada contra os infieis que gañaron as últimas eleccións xerais e que gobernan democraticamente este país.
Á marxe destes apuntes indignantes, estou moi orgulloso do papel de Zapatero. Recibiu a un xefe de estado, como é o Papa, á súa chegada a España, entrevistouse con el e soubo exercer o seu papel constitucional de Presidente do Goberno dun país aconfesional ó non aisistir a un rito dunha organización que está destinado ós membros desta, como foi a misa oficiada por Bieito XVI, quen, por certo, soubo estar máis a altura das circunstancias que o seu voceiro e que a dirección da curia española e non criticou abertamente as decisións democráticas do Parlamento e do Goberno de España.
1 comentario
Deixa unha resposta


Home, non hai que esquecer que a monarquía española foi sempre máis papista có papa (invadindo, cando cómpreu, o Vaticano), e deixando á marxe os monarcas, neste caso os católicos de avangarda españois, de corte neoliberal pois seguen a ser máis papistas có propio Bieito XVI.
Coido que o propio Bieito, despois da súa desastrosa e dasfortunada visita a Auschwitz -no que moral e intelectualmente baixou moitos chanzos dentro da propia igrexa no que Ratzinger tiña afeitos- comezou a mudar e a virar, e a visita a España é mostra.
Outro detalle, El-Rei falou de que “España es una nación plural” todo un avance… que asi sigan as cousas.