ivanpuentes.com

Abandono internacional, premio por salvar 51 vidas

Tódolos os estados, os occidentais polo menos, invisten miles de euros en campañas destinadas a sensibilizar ós seus cidadáns sobre a importancia de respectar os dereitos humanos, moi especialmente o dereito á vida, pero ¿Como se comportan eses mesmos estados á hora de por en práctica as súas políticas? Pois de xeito moi diferente.

Estes días paréceme indignante a situación dos pesqueiro con tripulación galega que rescatou no Mediterráneo a 51 subsaharianos que viaxaban nunha embarcación á deriva. A cambio da súa loable acción humanitaria, ningún país da zona lles deixa atracar nos seus portos; e levamos así xa unha semana. ¿Que farán estes tripulantes a próxima vez que se atopen nunha situación similar? O segundo patrón do pesqueiro afirma que os volverían a recoller “sen ningunha dúbida“ e é probable, porque a humanidade é inherente á forma de ser dalgunhas persoas, pero ¿Que mensaxe se lle transmite a outros barcos patronados por xente menos humanitaria? Aquí si que hai xa un problema grave; non esquezamos que son usuais os casos nos que non é xa que non se recolla a emigrantes náufragos cos que un se poda atopar, senón casos nos que directamente se arroxa pola borda a polizóns que se descubren agochados no barco -algo que roza o asasinato- precisamente para non enfrontarse ós problemas que os mariñeiros galegos están a padecer agora en Malta.

Non hai comentarios pero ainda estás a tempo

Deixa unha resposta