ivanpuentes.com

A II República en Pontedeume

Estes días celébrase en Pontedeume unha nova edición do Curso de Pensamento Carlos Gurméndez, titulada “II República Española. 75 Anos de Memoria”. Hoxe pola mañá asistín a unha conferencia de Xosé Luís Axeitos, académico da Real Academia Galega, sobre as misións pedagóxicas en Galicia. A verdade é que resulta incrible e admirable hoxe en día que a comezos do século XX a ideoloxía republicana, a crenza nunha sociedade máis xusta, movese e guiase a vida de moitos individuos, tanto como para facer da súa defensa e extensión a razón pola que vivir.
Neste ano, declarado institucionalmente Ano da Memoria, unha boa oferta de verán son os cursos deste tipo, que tratan de arroxar luz sobre un dos períodos máis apaixoantes e ilusionantes da nosa historia e dos máis pretendidamente silenciados e ocultados polo poder. Mañá ás 12:30 estará na Casa da Cultura de Pontedeume o famoso historiador Paul Preston, que falará da “República e a Política Reformadora nos Grandes Problemas do Estado”. Se ides por alí, verémonos.

Programa completo do curso na web do Clube de Prensa de Ferrol.

1 comentario

  1. Manuel Cendán | 28 de Xullo de 2006 - 12:01 am

    Hoxe estiven eu pola tarde na conferencia do neto do Xeneral Vicente Rojo, José Andrés.
    A verdade que foi moi interesante. É unha mágoa que non poidera ser por máis tempo. Practicamente o levantaron a medio debate para que no seguinte acto intervira Quintana (o Vice).
    A figura de Vicente Rojo é unha referencia que todos os militares deberan seguir. Profesional e leal ao poder constitucional, cando podería ter feito fortuna no bando dos que se alzaron contra España aquel fatítico 17 de xullo.
    Para quen lle interese a biografía recién saída ao mercado libreiro está na Editorial Tusquets, “Vicente Rojo, retrato de un general republicano”.

Deixa unha resposta