ivanpuentes.com

En piragua polo Eume

Buscando cousas que facer nestes días de vacacións, que me permirtan rachar coa rutina do resto do ano, acabei cuns amigos descendendo en piragua o último treito do Río Eume, dende o límite do Parque Natural en Pontedeume ata a praia de Cabanas. É unha rota moi doada e dunha beleza extraordinaria, remando primeiro en absoluto silencio e en contacto directo coa natureza polo canón do Eume e logo xa pola Ría, pasando baixo a ponte de pedra de Pontedeume e a máis modernista, de ferro, da Renfe, para rematar na praia de Cabanas, totalmente aberta ó Golfo Ártabro.

Polo camiño, ademais da paisaxe e da abondosa vexetación, puidemos ver os numerosos peixes que habitan no Eume, fundamentalmente reos e incluso a seis águias que aniñan á beira do río e que cando pasamos estaban en pleno voo de caza.

A rota en piragua polo Eume dura unhas dúas horas e é sobre todo unha actividade relaxante, que non require dun gran esforzo e que nos permite ademais descubrir dende outro punto de vista, dende o mesmo río, un dos espazos naturais máis fermosos do no país. Se non tes embarcación, como é o meu caso, o Clube Firrete de Pontedeume organízache o descenso en compaña dun monitor por uns 20 euros por persoa, aínda que o prezo oscila en función do número de participantes.

2 comentarios

  1. miguel "coruña" | 31 de Xullo de 2006 - 4:24 am

    Moi boas ivan!
    Magnifico roteiro polas fragas do Eume!… ademais de idea que anoto no meu caderno pra facela en breves. Sempre que podo as procuro facer, e agora estou pra facer o roteiro que hai entre mosteiros (Monfero - Caaveiro) que xa o teño un pouco esquecido.
    Por certo se podes mandame o mail que che pedin.
    Un saudo e … enjoy your holidays!!!!!

  2. Enrique Castro | 1 de Agosto de 2006 - 8:10 am

    Moi boa a fotografía. E mellor a actividade como a relatas.

    Unha aperta.

Deixa unha resposta