O cemiterio abandoado de Fisterra

Onte, de paseo pola Costa da Morte, rematei no novo Cemiterio de Fisterra, obra de César Portela. A verdade é que o atopei porque o busquei a conciencia, xa que, a pesar de estar moi preto do famoso e visitadísimo faro deste cabo, a xenial obra de Portela está agochada entre a maleza e totalmente abandoada, nun estado de deterioro humillante.
A primeira fase deste camposanto de deseño foi rematada no ano 2000 e a día de hoxe o concello nin siquiera foi quen de dotalo dun acceso decente ou de sinalizalo, xa non falo de coidar o entorno e conservar a obra. A comodidade e o emprazamento do cemiterio é moi cuestionada por algúns sectores veciñais; eu creo que o problema está no rexeitamento que case sempre producen os conceptos novidosos coma este, ata que nos familiarizamos con eles. En calquera caso, o que é indubidable é que Fisterra, ademais do seu emprazamento e do mítico faro dos que leva tirando turisticamente moitos anos, ten unha obra de arte dun valor incalculable que, á marxe da súa utilización como cemiterio, podería e debería vender como un dos principais atractivos e reclamos da vila e, sen embargo, tena esquecida e incluso obviada deliberadamente. É como que compra un Picasso e, como non é quen de valoralo e de aprezar a súa arte, o agocha no faiado para que ninguén o vexa. É unha humillación hacia un dos mellores artistas que ten este país e hacia a nosa propia cultura.
Se estades interesados en visitalo, tomade nota: dende a estrada que conduce ó faro, fronte á área de descanso anterior a este, hai que descender hacia o mar pola ladeira da montaña, por un pequeno carreiro de terra só percorrible a pé, que conta iso si cun sinal de Stop na intersección coa estrada, e que entre toxos e xestas nos leva ata o cemiterio. Ademais de desfrutar dunha vista espectacular da Costa da Morte, veredes unha gran obra arquitectónica, como todas as de César Portela, ignorada, desprezada e abandoada pola ignorancia e a incultura supina de políticos mononeuronais de hormigón.
1 comentario
Deixa unha resposta


Cesar Portela es conocido por algunos de sus aciertos, y por sus horribles fracasos. No es precisamente un arquitecto que siempre acierte….
En Coruña tuvimos que asistir al esperpéntico enfrentamiento entre Cesar Portela y Paco Vazquez; lo extraño es que Vazquez tuvo razon en lo que dijo, seguramente por escuchar las quejas de la gente (y no por su propio criterio)…
El gusto es personal y subjetivo (para gustos colores se suele decir); a mi personalmente ese cementerio me recuerda a un grupo de “containers”, de transporte de mercancias, como los que hay en los Puertos. Vamos que no me gusta demasiado.