Anotacións arquivadas do mes de Xullo de 2006
Abandono internacional, premio por salvar 51 vidas

Tódolos os estados, os occidentais polo menos, invisten miles de euros en campañas destinadas a sensibilizar ós seus cidadáns sobre a importancia de respectar os dereitos humanos, moi especialmente o dereito á vida, pero ¿Como se comportan eses mesmos estados á hora de por en práctica as súas políticas? Pois de xeito moi diferente.
Estes días paréceme indignante a situación dos pesqueiro con tripulación galega que rescatou no Mediterráneo a 51 subsaharianos que viaxaban nunha embarcación á deriva. A cambio da súa loable acción humanitaria, ningún país da zona lles deixa atracar nos seus portos; e levamos así xa unha semana. ¿Que farán estes tripulantes a próxima vez que se atopen nunha situación similar? O segundo patrón do pesqueiro afirma que os volverían a recoller “sen ningunha dúbida“ e é probable, porque a humanidade é inherente á forma de ser dalgunhas persoas, pero ¿Que mensaxe se lle transmite a outros barcos patronados por xente menos humanitaria? Aquí si que hai xa un problema grave; non esquezamos que son usuais os casos nos que non é xa que non se recolla a emigrantes náufragos cos que un se poda atopar, senón casos nos que directamente se arroxa pola borda a polizóns que se descubren agochados no barco -algo que roza o asasinato- precisamente para non enfrontarse ós problemas que os mariñeiros galegos están a padecer agora en Malta.
UNICEF considera alarmante e catastrófica a situación humanitaria no Líbano

A ONU calificou este martes de “catastrófica” a situación humanitaria en Líbano, logo de sete días de bombardeos israelíes sobre o país que causaron xa o desprazamento de medio millón de persoas. “A situación é á vez alarmante e catastrófica. Xa hay cerca de medio millón de desprazados. A situación é extrema”, declarou o representante libanés do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), Roberto Laurenti.
A ver se a ONU se decide a intervir dun xeito efectivo que logre parar o terrorismo de estado que Israel practica cos seus veciños, matando de xeito insdiscriminado a persoas conpletamente inocentes; da U.E. e dos EE.UU. individualmente xa non espero nada, dos últimos por interese e da primeira pola plena incapacidade de moitos dos seus dirixentes actuais, que se someten ademais plenamente ós dictados da Casa Branca.
En Alacante coa mocidade socialista

Estou dende o luns en Alacante, pasando uns días de vacacións e participando no Festival Mundial da IUSY (Unión Internacional de Xuventudes Socialistas). Ata o vindeiro domingo, 5.000 mozos e mozas dos partidos socialistas, socialdemócratas e laboristas de todo o mundo debateremos sobre os principais problemas ós que se enfronta a sociedade global. Hoxe visita o festival José Luís Rodríguez Zapatero, que como puidemos comprobar estes días desperta admiración paixonal nos socialistas doutros países.
Será tamén interesante o debate sobre a situación no Oriente Medio, no que participarán o Ministro de Defensa de Israel e un membro da Autoridade Nacional Palestina. En fin, moitas cousas que agardo poder contarvos ó longo desta semana.
Os plans de EE.UU. para un novo mapa de Oriente Medio

Enlazando coa pregunta coa que remataba o anterior post, atopei un interesante artigo, escrito o 8 de outubro de 2002, cando se estaba a falar da posible intervención militar de EE.UU. en Irak, que avanza os supostos plans a longo prazo da administración Bush para reorganizar politicamente Oriente Medio. É sorprendente como moitas das cousas que se avanzan neste texto de hai catro anos se están a cumplir máis ou menos dun xeito fiel na actualidade, entre elas a intervención israelí no Líbano e en Palestina destes días:
La Administración Bush parece determinada a hacer de la guerra contra Iraq no solo la ejemplificación de su nueva doctrina militarista internacional de “guerra preventiva”, sino el detonante que abra la vía para una amplia remodelación del conjunto de Oriente Medio, que incluiría el aplastamiento final de los palestinos, la aparición de nuevos Estados y la pérdida de influencia de los viejos aliados Arabia Saudí y Egipto. Los pueblos del Oriente Medio árabe, si se desencadena la guerra y es derrocado el actual régimen iraquí, están condenados a una nueva y prolongada etapa de dominación imperialistas, a un nuevo Sykes-Picot para el siglo XXI.
[…]remodelación en la que puedan conjugarse la pretensión histórica estadounidense: el control del suministro y precio del petróleo y, con ello, la consolidación de su hegemonía política, económica y militar frente a potencias medias que -como la Unión Europea, Rusia o China- pugnan por penetrar los mercados de la región.
Si EEUU opta por un ataque militar contra Iraq sin sanción del Consejo de Seguridad de Naciones Unidas, Israel, a diferencia de lo que ocurrió en la Guerra del Golfo de 1991, intervendrá abiertamente en la guerra, no ya solo en el frente iraquí, sino quizás también contra Hezbollah en Líbano y sin duda contra los palestinos en Gaza y Cisjordania, poniendo fin a dos años de Intifada.
¡Que medo me da Oriente Medio!

Sen santificar, nin moito menos, o terrorismo palestino, a verdade é que estes días estou espantado coa actitude do goberno israelí. Xa me parecía espantoso o xenocidio, porque non ten outro nome, que o seu exército está a cometer en Gaza tralo secuestro dun soldado hebreo, pero a súa resposta contra o Líbano a consecuencia tamén do secuestro de dous soldados pola guerrilla de Hezbollah, non do exército libanés, é do máis inxusto e do máis irresponsable que teña visto ultimamente en política internacional. Nos últimos días Israel bombardeou o aeroporto internacional de Beirut e varios barrios desta capital, ocasionando decenas de mortes entre a poboación civil, destruiu a principal autoestrada do país e pechou o seu espazo aéreo e marítimo; en termos prácticos, declaroulle a guerra ó Líbano.
Dicía que Israel, aproveitando a súa supremacía militar e a súa relación privilexiada cos EE.UU., está actuando dun xeito moi irresponsable, temeroso incluso, porque está a provocar unha grande desestabilización e abrindo conflictos e feridas xa pechadas nunha rexión do mundo que, sen a axuda israelí destes días, xa vivía tempos especialmente convulsos, o Oriente Medio.
Vexamos o mapa: partindo do Mediterráneo, temos a Israel pelexando dende hai décadas con Palestina e, como non lle era suficiente, dende hai uns días tamén co Líbano. Israel ten tamén fronteira con Siria, país que protexe á guerrilla libanesa Hezbollah e que mantén unhas tensas relacións con Israel dende que este país invadiu os altos do Golán en 1967; como se prolonguen moito as accións militares de Israel no Líbano, o goberno sirio podería acabar metendo os fuciños dun xeito máis directo nese conflicto. Siria xa limita con Irak, país do que sobran explicacións sobre a súa situación. E pechamos este puzle das tensións con Irán, desafiante dende hai xa meses con occidente pola súa pretensión de impulsar programas de desenvolvemento nuclear, e que está situado xusto entre Irak e Afganistan, onde tamén sabemos de sobra o que está a pasar.
A situación actual non permite, dende logo, ser moi optimista sobre a evolución dos acontecementos no Oriente Medio. Israel está botando máis leña a un lume que xa estaba incontrolado antes do seu ataque ó Líbano e da súa reacción desmedida contra a poboación palestina. Estando a U.E. como está, feita uns zorros pola actitude euroscéptica e os freos constantes á unificación política que está a poñer a dereita, máis preocupada do mercado único que da fortaleza política da Unión, só EE.UU. pode pararlle os pes a Israel, pero non o fai ¿Será que as accións israelís, lonxe de ser inconscientes, son a continuación dunha estrexia perfectamente deseñada na Casa Branca, que deu o seu primeiro paso coa invasión de Afganistán e continuou en Irak? Non esquezanos que Bush, logo do 11-S, anunciou unha reorganización política do Medio Oriente.
Verquidos sospeitosos en Narón
Estiven onte en Pedroso (Narón) con varios representantes da Asociación de Veciños e do PSdeG local. Fumos ver unha antiga explotación de arxila, preto da estación de FEVE desta parroquia, que dende hai anos é usada por Megasa, metalúrxica naronesa, como depósito dos residuos de escoria que xera a súa actividade.
A extracción de barro deixou no terreo dúas grandes furnas, que co tempo se converteron en lagoas artificiais e que logo foron vistas como o cemiterio ideal para o soterramento dos residuos da metalúrxica. Unha das antigas lagoas xa está repleta de escoria, tanto que os residuos sobrepasan nuns 15 metros o nivel do terreo. A outra, aínda baleira de cascallos, recibe filtracións da anterior que tinguen a auga de cor verde fluorescente; auga que está sendo bombeada constantemente a tres pequenas balsas e que, tras ser “filtrada” por tres barreiras de cascallo de ladrillo, é liberada directamente ó río pouco antes da Área Recreativa de Pedroso.
Os veciños están preocupados porque as súas casas están pegadas a este vertedoiro, no que a escoria é depositada, ó longo de todo o día, a ceo aberto. O cheiro e a irritación dos ollos, da garganta e das vías respiratorias é algo que nós experimentamos sobre o terreo, pero agora trasladaremos as dúbidas dos veciños á Xunta de Galicia para que sexan as autoriadades medio ambientais as que determinen se este vertedoiro cumpre ou non a lexislación.
A moralidade da Igrexa Católica
A visita do Papa a España deixou varios detalles que me chamaron a atención, ou directamente me indignaron, e que están en relación coa coherencia moral dos membros e líderes da Igrexa Católica:
- No avión papal Joaquín Navarro Valls, voceiro da Sante Sé, é preguntado polos xornalistas sobre a decisión do Presidente do Goberno de non asistir á misa que oficiará o Papa e a voz de Su Santidad solta sen ningún pudor que en anteriores viaxes papais, dirixentes como Fidel Castro, en Cuba; Daniel Ortega, en Nicaragua; ou o xeneral Jaruzelski, na Polonia Comunista, participaron en misas oficiadas por Xoan Paulo II. Poderiáselle contestar a Navarro Valls, seguindo coa súa enumeración de dictadores, que Franco tamén saía da igrexa baixo palio, pero que, precisamente por ser España un estado democrático e aconfesional, o Presidente do Goberno non participa dun rito puramente relixioso; outra cousa é, se queremos, os funerais de estado cando ocorre unha desgraza. Esquéceselle ó voceiro Vaticano que Chirac ou Bush, cos que prefiro comparar a ZP (máis con Chirac) tampouco asistiron ás misas do Papa nos seus países.
- Cando José Luís Rodríguez Zapatero se entrevista co Papa no Pazo Arcebispal, algunhas das persoas alí concentradas e outras das que seguen a retransmisión polas pantallas de televisión, adícanlle ó Presidente do Goberno, coa mesma melosidade coa un intre antes tocaban a súa guitarra española entonando “un pueblo es” ou “alabaré, alabaré”, bonitas e catecuménicas erxpresións como “hijo de puta”, “traidor”, “cabrón”, “Vete con la ETA, que son tus amigos” ou “ETA y ZP, la misma mierda es” Consignas que denotan bondade e caridade cristiana en todas e cada unha das súas letras; ohh, que pureza de espíritu!!!! persigamos a los rojos infieles!!!!
- Rouco Varela, o noso villalbés máis ilustre, agora que Fraga desfruta no Senado do seu particular Imserso, deixounos como non outra das súas pérolas evanxelizadoras. Afirmou que España é territorio de misións. Só falta que chame a unha nova cruzada contra os infieis que gañaron as últimas eleccións xerais e que gobernan democraticamente este país.
Á marxe destes apuntes indignantes, estou moi orgulloso do papel de Zapatero. Recibiu a un xefe de estado, como é o Papa, á súa chegada a España, entrevistouse con el e soubo exercer o seu papel constitucional de Presidente do Goberno dun país aconfesional ó non aisistir a un rito dunha organización que está destinado ós membros desta, como foi a misa oficiada por Bieito XVI, quen, por certo, soubo estar máis a altura das circunstancias que o seu voceiro e que a dirección da curia española e non criticou abertamente as decisións democráticas do Parlamento e do Goberno de España.
As pintas: evidencia científica
Non vou falar de nada novo, pero algún día tiña que tocar e toca hoxe, porque hoxe vivín de novo a situación. Collín esta mañá un voo en Alvedro para virme a Madrid, ducheime antes de saír da casa, conducín de Fene á Coruña con precaución, deixei o coche no aparcadoiro de AENA (esperando, por certo, a que pola noite cando regrese me atraque a máquina de pago), xa cumplín coas miñas obrigas tributarias, almorcei na cafetería do aeroporto e púxenme á cola para pasar polo arco de seguridade, pensando que hoxe tiña sorte porque non levo posto cinto que sempre me pita. Pasei polo arco e, por primeira vez en moito tempo, nin un só pito. Pensei: “ala, listo, así da gusto”, pero non, un garda xurado moi instruído nas labores de vixiancia aeroportuaria púxome unha man diante da cara e espetoume “caballero, acompáñeme”; meteume nun recuncho e cacheoume de arriba a abaixo varias veces buscando algo que non había, pero insistía e insistía en atopalo e non me deixaba marchar. ¿Por que o fixo? Sen dúbida, porque hoxe vou coa barba sen afeitar, con camiseta negra, con bolsiño e con calzado deportivo. Só así me explico que a min me sometese ó intenso rexistro e a outra xente que rebentaba o arco cos pitos que este emitía ó seu paso, vestidos segundo os cánones conservadores, non lles miraba nin a cara.
Non me sorprende porque non é a primeira vez que me ocorre, pero sempre me indigna. Non concibo como alguén, e menos unha persoa que esta destinada a labores de vixiancia, pode xulgar a perigosidade doutra persoa polo aspecto físico ou pola vestimenta. Supoño que a algúns ponlles vestirse de uniforme e facer gala da súa autoridade. Non me molesta que me cacheen, é o seu traballo, pero si que o fagan por estes motivos.
Europa condea, por fin, o Franquismo

¡Canta razón ten El Roto! Pero parece que a algúns lle fan falta séculos para avanzar, aínda que o avance consista tan só en condear unha dictadura e recoñecer os valores da democracia e a liberdade. Só un deputado ultradereitista e Jaime Mayor Oreja, que visto o visto tal vez debería recibir esa mesma calificación, se opuxeron á condea do Parlamento Europeo ó réxime fascista de Franco. E este PP é o que pretende dar leccións de defensa da liberdade e a democracia no proceso de paz en Euskadi. ¡Que vergoña!
Como El Roto, creo que esta condea, aínda sendo moi positiva, chega tarde. Deberiase ter producido antes, como ocorreu coas demais dictaduras europeas, condeadas, repudiadas e enterradas dende hai medio século. Co Franquismo, por interese estratéxico de EE.UU. non pasou iso, froito do cal hai que aturar que un dos dous grandes partidos, a estas alturas da historia, aínda sexa incapaz de condenar un réxime opresor e asasino como o Franquista. Tamén nos debemos acordar de como os EE.UU. liberaron a toda europa da tiranía fascista logo da II Guerra Mundial e de como, polo contra, ós españois nos condenaron a 30 anos máis de dictadura ó converterse en aliados estratéxicos de Franco. En fin, a ver se chega pronto ó Congreso a Lei da Memoria Histórica, que moita falta lle fai a algúns.


