Feijoo, non te enteras de nada!

Isto é o que dan ganas de berrarlle á Núñez Feijoo, a Rajoy, a Juncal… e a tódalas aves carroñeiras do PP, como a gaivota do seu logotipo, que estes días intentan sacar algunha rendibilidade política da catástrofe que está a padecer Galicia cos incendios. ¿Vistes ben a foto? Feijoo vestidiño de neno bo, indumentaria máis apropiada para subir ó iate en Baiona que para apagar o lume, enfrontándose con vigor a unhas lapiñas coa mangueira de encher a piscina de plástico. O mellor é o improvisado da instantánea, só hai un lume pequeno ó seu carón e non hai ninguén con el, ningún cidadán ni ningún profesional antiincendios, só os xornalistas. Ogallá se sumase á xente que está en todo o país loitando contra o lume, pero é lamentable que use esta traxedia para beneficiarse politicamente. ¿Onde está hoxe?
Onte un amigo do PP envioume unha sms que dicía: “Galicia quemada, dónde están Nunca Máis?” Unha sms en cadea que vai na liña de varios comentarios e declaracións que estes días se escoitaron entre os dirixentes do PP. Os populares intentan enganar ó pobo, facerlle ver que tódolos partidos son iguais e que eles actuaron correctamente cando gobernaban, pero seguen sen enterarse de nada; co Prestige a xente manifestouse contra o goberno non porque o culpase da catástrofe, nin porque non entendese que a administración se vise desbordada nos momentos iniciais; manifestámonos porque o PP nos enganou, manipulounos, insultounos e intentounos tapar a boca; cousa que agora afortunadamente non está a suceder.
1 comentario
Deixa unha resposta


É indignante ver como certos políticos, case que sempre da mesma cor política, ofrecen instantáneas como a que podemos apreciar neste site na cal apreciamos a un Núñez Feijoo “totalmente entregado ás labouras contra o lume”.
Nembargantes o goberno galego fixo os deberes e afrontou a problemática incendiaria ó momento sen ocultismo de ningunha índole e cos pés pegados ó chan (non estaban de caza nin manifestaron que non ardía o monte)
Ó PP agrádalle asociar o terrorismo incendiario á desgracia do petroleiro Prestige cando son situacións totalmente distintas xa que daquela os nósos gobernanes estaban de caza e expoñían que a tan maldita e desgraciada marea negra eran soamente uns fíos de plastilina.
Ahí está a diferenza entre un executivo eficaz, progresista e que dá a cara e outro “goberno” que desgoberna.