O BNG denuncia que no Convento de Santa Catalina de Ares se organizan estriptís e pide opinión á Igrexa sobre os usos do edificio

O Convento de Santa Catalina, propiedade do Ministerio de Defensa, foi cedido polo Goberno ó Concello de Ares no ano 2000 para conservalo e explotalo durante 25 anos. A principios deste ano, o goberno municipal cedeu unha parte do cenobio ó motoclube “Comancheros” para albergar o seu local social e os moteiros organizaron alí onte unha concentración na que, entre outras actividades, se incluía unha churrascada e un espectáculo de estreptease.
Tal e como sinala La Voz de Galicia, o BNG de Ares foi o encargado de por o berro no ceo. «Non é sitio para celebrar un estriptís», dixo antonte o seu portavoz, Manuel Rodríguez Doval. Ó enterarse da concentración, o edil visitou o convento cun notario para levantar acta sobre o que alí sucedía. O que máis sorprende é que o BNG, aínda sendo o edificio propiedade do Estado, se vai dirixir ó Arcebispado de Santiago para pedirlle opinión á Igrexa sobre os usos do convento.
Máis en La Voz.
4 comentarios
Deixa unha resposta


Se cambias onde di BNG por PP a noticia sería do todo normal. ¿Acaso o BNG non ten dereito a velar pola moral e as boas costumes? Sobre todo tratándose dun recinto sagrado.
¿E tampouco ten dereito a acudir a quen ten a lexitimidade para falar de asuntos que competen á doutrina? O Arcebispo, sen dúbida, daralle a razón a Rodríguez Doval, indicaralle o camiño a seguir cara pureza de espírito e a decencia e finalmente excomulgará ao alcalde do PP por sátiro pecador.
O BNG ten dereito a ser unha fronte nacionalista, católica, apostólica e romana. Non vas ser ti quen nos aparte do camiño do Señor. Amen.
¿E cal é o plan de usos do PSOE para Santa Catalina? Porque moito rirse do BNG pero pouco propoñer. Nese mosteiro fanse dende estríptis ata botellóns con permiso do Concello. No BNG non nos escandalizamos (eu se teño que ir a un estríptis vou =P), pero pensamos que un BIC tería que ser para outra cousa.
Estou dacordo contigo, César, un BIC debería explotarse doutro xeito, pero digámolo así, non poñamos o enfoque en que nun convento se fagan streptease e moito menos, tratándose dun ben de propiedade estatal, non metamos a Igrexa nisto, porque a min, a verdade, o que opine o Arcebispado de Compostela sobre os usos que se lle dean a un edificio público dácheme bastante igual.
Saúdos ;-)
Alédome de que cadremos neste caso, e matizo: que eu saiba, o acento no do estríptis (faime máis gracia escrito así, jeje) o puxo La Coz coa súa interpretación. Xa non é a primeira vez. Vindo deles xa me da igual.