Tamara Canosa en Días Azules

Días Azules é o título do filme rodado por Miguel Santesmases integramente en Ferrol e que estes días podemos ver nos cines de toda España. Á marxe da historia, máis ou menos típica de xeración, e do feito de recoñecer nela case tódalas paisaxes: a Graña, San Felipe, Doniños, Chamorro… a película ten para min un aliciente maior, a intervención de Tamara Canosa, a Jacobina Feminista que teño enlazada dende hai tempo neste blog, unha execelente actriz, unha máis excelente persoa e unha das mentes máis brilantes que coñezo.
Tamara é Olga en Días Azules, pero interiormente actriz e personaxe aseméllanse moito. Olga, igual que Tamara, é tímida e discreta, pero apaixonada e de mirada profunda e pícara; profunda tamén e brilante en cada unha das súas frases e argumentos, dándolle sentido e intencionalidade a cada palabra que pronuncia, atrapándote, como unha mítica serea, ata que sen darte conta estás xa no seu terreo e alí quedas enganchado para sempre. Olga aparece na segunda metade da historia, cando a vida dos tres irmáns protagonistas parece que zozobra irremediablemente, para atrapar e salvar a Boris, o maior dos rapaces. Aparece no momento preciso e no lugar adecuado para axudar e facer feliz ós demais; cuestión de azar, como defende Olga no filme, pero o caso é que, non sei, quizais tamén por azar, Tamara actúa igual na súa vida.
En fin, recoméndovos que vexades Días Azules, porque ademais de distraervos un rato cunha historia entretida e de descubrir Ferrol e os seus fermosos arredores no cine, descubriredes, os que non a coñezades aínda, a Tamara Canosa, unha moi boa actriz que pronto nos deparará sorpresas agradables, seguro.
7 comentarios
Deixa unha resposta


Pero q riquiño q eres!!!
Jo, no sabes la ilusión q me ha hecho leer este peazo de post q me has dedicado. Me parece q no eres muy objetivo en tus apreciaciones, pero aun así cada línea me ha sacado los colores.
Riquiño muchas gracias!!!!!!
Cada liña é merecida; en serio.
Biquiños ;-)
[…] Este sábado XSG reuniu ó seu Comité Nacional en Sada, nel eu presentei a miña demisión como Secretario de Organización Nacional, para adicarme plenamente ás eleccións municipais en Fene, e Tamara Canosa, da que xa vos falei nalgunha ocasión, relevoume no cargo. Para min é un privilexio e para a organización un luxo contar co traballo dunha persoa maravillosa e dunha mente tan brilante como a de Tamara. […]
ola tamara k seps k pradolongo stubo genial, recomndeia as miñs amigas e tamn forn vela.vide os 3 outra vez ó TAMEIRÓN.Bikiñs
Acabo de ver la pelicula dias azules, hace tiempo que tenia pensado verla, me ha llegado dentro, sobretodo la parte final.
Me ha emocionado , lo dura y romantica que puede ser a veces la vida. La noche y el mar todo lo multiplica.
Justo cuando acababa de ver el film, casualidades de la vida, un coche de jovenes paro en mi calle con la musica a tope en plena madrugada, habian chicos y chicas hablando medio borrachos escuchando una cancion parecida en profundida a las de Ivan Ferreiro y pense que ellos tambien estaban viviendo su dias azules. Me quede prendado de Tamara Canosa, es del tipo de chicas que me gustan, por lo menos en ese film, esas chicas que buscan y encuentran lo bello de la vida, el amor , lo sentimental, lo mágico, la estrella mas brillante.Me llegue a apuntar su nombre en una agenda, tb me apunte el de Oscar Jaenada y Maria Castro. Pero he de reconocer que la actuacion de Tamara, me parece de las mas especiales que se hicieron, yo he visto peliculas de Bergman, de Godard o de Fellini y nunca vi nada igual. Ahora mirare ,que ha pasado en estos dos años desde el 2006, en la vida de esa chica.Y lo mas sorprendente de esta noche mágica es que ahora llego a esta pagina y se ve que hay un mensaje de Tamara o eso parece…
Parece que me haya drogado hoy, debe ser el efecto de los brillos del mar.
Esta noche con el” colocon “que llevo me he hecho una propuesta, conseguir que la gente deje de fumar. Me he afiliado al pnf, y seria algo bonito, conseguir algo así.
Me pareceria increible que Tamara, leyera el mensaje que estoy escribiendo. Por lo que se ve soys de un partido político.
Si alguna vez alguien lee esto, que reciba un abrazo de mi parte. Y si quiere saber de mi que me envie un mensaje alarregola1@hotmail.com
Gracias por aguantar mis frases que hoy me salen del alma.
Que momentos tan bellos tiene a veces la vida que parece un film.
He entrado en la pagina de esa chica Tamara y parece que es del psoe de Galicia, yo tb estuve en la ejecutiva del psoe de cataluña el psc, hace años,en la federacion de las juventudes de Lleida, aun sigo flipando jeje de tanta sorpresa nocturna. Aunque me encontre gente maja en el psoe tb encontre a gente muy corrupta, y me aleje de todo eso. Espero que tengais mas suerte. Llevo varios años luchando contra lo que un dia defendi.
¡hola¡ a raíz de ver a Pélícula Pradolongo, estiven indagando no google a vida e obra de Tamara Canosa, e encontreime cunha moza comprometida con mundo no que vive, que lexos de utilizar a súa fama no propio egocentrismo o status, preocúpase por temas sociales, e políticos ulilizano o seres unha persoa coñecida para concenciar os seus concidadanos. Estiven buscando un sitio no googlel no que escribirlle algo, pero non o topei, nin sequera sei se esto o chegará a leer ela, pero polo menos intenteino. Tamara segue así triunfando na tua vida coma actriz, e concienciada por axudar desde a tua faceta como persoa pública, o teu exemplo é admirado
Bicos
PD: Pradolongo foi a película que máis me gustou na miña vida, quizáis influenciada por ser galega, e quizás tamén porque vivín nunha época de miña vida na zona de Valdeorras por motivos de traballo.