ivanpuentes.com

O perigo de Rubber en Fene

A Rubber, fábrica de recauchutados de Fene, foi unha das primeiras iniciativas empresariais que se instalaron no concello trala crise do naval, pero tras uns anos de actividade quebrou e pechou as súas instalacións. Hoxe a nave, sometida durante este tempo a múltiples saqueos para roubar material de oficina e todo canto houbese no seu interior susceptible de ser vendido, está totalmente reventada e abandonada, pero no seu interior quedan aínda restos potencialmente moi contaminantes e perigosos.

Tanto dentro da fábrica como na explanada exterior hai almacenadas milleiros de rodas usadas, como as que podedes ver na foto, moitísimos sacos con viruta de neumáticos, e o que é máis alarmante toneladas de caucho, líquido almacenado en vidóns e sólido en forma de planchas. Todo isto nunhas instalacións de moi fácil acceso, sen vixiancia de ningún tipo e rodeadas de monte e maleza. O perigo é evidente.

Cónstame que a Policía Local de Fene xa realizou traballos ó respecto, pero no vindeiro pleno solicitarei ó Grupo de Goberno que actúe xudicialmente para solucionar de xeito inmediato esta amenaza para a poboación de Fene e do resto da Ría. Segundo persoas que estudaron este asunto, a nube tóxica que un hipotético incendio podería causar tería, en función do vento e da climatoloxía, serias consecuencias.

2 comentarios

  1. atila | 3 de February de 2008 - 5:11 pm

    Agora que levas des-gobernando Fene oito meses, xa te olvidaches do asunto, non?

  2. Iván | 5 de February de 2008 - 7:38 pm

    Ai, que mala é a envexa, Atila, non te preocupes demasiado por min, que Fene está ben gobernado. Se estiveras algo informado ou non foras tan malicioso, saberías que unha das primeiras cousas que fixen cando cheguei ó goberno foi falar co Delegado da Consellería de Medio Ambiente, que mesmo visitou en persoa a Rubber, para, entre outras cousas, atoparlle solución ós neumáticos alí almacenados.

    Saberías, ademais, que hoxe a Rubber ten algo máis de vixiancia e de control, fronte ó nulo control de antes.

    Saberías tamén, porque o puideches ler na prensa, que a Consellería está xa elaborando un plan de eliminación e tratatamento deste e doutros vertedoiros similares do país, para trasladalos e reciclalos probablemente nas Somozas.

    Saberías, por último, que eu nunca lle esixín ó goberno anterior sacar os neumáticos de alí, porque case non nos chegaría o orzamento anual, nin carecendo desa pequeniña débeda de 9 millóns de euros que herdamos. Simplemente lle pedía facer o que eu fixen logo, xestionar con outras administracións o seu tratamento.

    Ah, unha cousa máis, comigo nunca se lle prohibiu ós axentes da Policía Municipal realizar ningún traballo ou informe sobre calquera materia, nin moito menos desapareceron ou se perderon informes feitos.

    O perigo segue aí, pero desde o Concello fixemos e estamos a facer o que nos compete, denunciar o perigo, presionar e, sobre todo, colaborar na procura de solucións.

Deixa unha resposta