ivanpuentes.com

O Sistema Solar podería ter de novo oito planetas

Imaxe de Plutón dende o telescopio Hubble

Estes días reúnese en Praga un organismo chamado Unión Astronómica Internacional (IAU) coa finalidade fundamental de poñer dacordo ós/ás astrónomos sobre o que é un planeta e, dacordo con isto, reorganizar o número de planetas do Sistema Solar.

Ata hai uns días lin varias noticias nas que se daba conta do descubrimento de dous novos planetas, Caronte e Xena, que parecía que incrementarían ata 11 o número destes corpos no Sistema Solar. A decisión vaise adoptar hoxe, pero a sorpresa é que probablemente non són non se acepten estes dous astros como planetas, senón que o máis seguro é que Plutón, descuberto en 1930 e estudado por todos nós como planeta, perda a súa condición de tal e sexa catalogado como outro tipo de astro. Así o noso sistema quedaría reducido, de novo, ós oito planetas clásicos: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Máis en El País.

1 comentario

  1. miguel coruña | 25 de Agosto de 2006 - 4:35 pm

    caronte xa estaba descuberto a finais dos anos 70 ppos dos 80, por outra banda Xena descubriuse o ano 2004.

    un saudiño

    PD: lembrate de pasarme as fotos da iusy

Deixa unha resposta