ivanpuentes.com

Posible presenza de metais pesados nos verquidos de MEGASA ó río Xuvia en Narón

Pedroso Megasa Blog

Xa contara neste blog que os veciños de Pedroso (Narón) están preocupados polas posibles filtracións orixinadas polas balsas nas que a a metalúrxica MEGASA deposita a diario a escoria producida na súa factoría.

Logo de varias consultas e informacións recabadas tanto no Concello como na Consellería de Sanidade, os veciños acrecentaron as súas sospeitas de que a auga liberada por MEGASA ó río Xuvia, xusto antes da área recreativa de Pedroso, e a filtrada dende estas balsas ós pozos dos que se abastecen os habitantes desta parroquia, podería conter, ente outras, sustancias como plomo, arsénico ou mesmo mercurio.

Onte estiven con varios veciños e veciñas de Pedroso para levar tamén unha mostra da auga que eles recolleron e analizala convenientemente. Como mínimo, xa sorprende que o Concello conteste ós veciños, segundo eles afirman, que MEGASA ten licencia para levar a cabo naqueles terreos unha actividade mineira, non un depósito de escoria e cinza resultante da función na súa fábrica de Narón.

2 comentarios

  1. Sin comentarios | 24 de Setembro de 2006 - 10:38 pm

    A ver. Da un poco de risa, si no fuera porque parece que hablais en serio.
    1. Parece que en la foto estais cogiendo una “muestra de agua”. Leer el “Water Analysis”, capítulo de toma de muestras, antes de tomar una muestra o que haga el trabajo un laboratorio. Hace falta bastante más de lo que hicisteis. No llega con “analizala convenientemente” . Por lo que veo no seguís ninguna técnica de muestreo y conservación de la muestra. Cuando hablo de muestreo me refiero a estudio de los puntos de vertido, corrientes, profundidad, periodos entre toma de muestras, etc, etc. En otro caso, no vale de nada. En serio. No es representativo.

    2. Se puede hablar de tú a tú con MEGASA para que explique cómo lleva a cabo sus procesos y luego valorar en qué partes puede producir esos vertidos-residuos y si son susceptibles de ser contaminantes, así los análisis serán más serios. Es bastante fácil. Ellos a lo mejor os lo pintan muy bonito. Partamos de eso, pero conozco el funcionamiento de MEGASA y me parece que vais desencaminados.

  2. ivan | 25 de Setembro de 2006 - 10:14 am

    Paréceme moi interesante a aportación que fas. Tomo nota da recomendación do punto 2; hay que explorar tódolos camiños, pero comprende a desesperación e a inquedanza dos veciños despois de tantos anos sen que ninguén lles diga nada.

    Saúdos e Grazas ;-)

Deixa unha resposta