ivanpuentes.com

V&T de Nestea

A Compañía Coca-Cola está a lanzar estes días un novo producto, o V&T de Nestea, cunha campaña, para min, de moi mal gusto. Trátase, como saberedes, dunha bebida con antioxidantes e non sei cantos máis elementos extraños no seu interior que axudan a cuidarse. O anuncio esta dirixido única e exclusivamente a mulleres, primeiro erro, neste caso empresarial e de visión de mercado, porque os homes hoxe en día tamén se preocupan do seu corpo e Coca-Cola está así deixando de lado un suculento mercado para o seu producto, pero bueno, problema deles por ser tan cortos de mente.

O peor é o tratamento que se lle da ás mulleres no anuncio. Fala delas como persoas superficiais, envexosas, planas mentalmente e, sobre todo, mentirosas; é dicir, afonda no prototipo da muller como mal bicho do que non te podes fiar. Certos comportamentos dos que se describen no anuncio son certos, pero o erro consiste en atribuírllos ás mulleres, porque son pautas de comportamento que describen ó ser humano, ás mulleres, pero por suposto tamén ós homes. Por iso, non se trata de que sexa un anuncio politicamente incorrecto, senón que é claramente machista e da unha imaxe totalmente falsa e perxudicial socialmente dos roles de homes e mulleres.

14 comentarios

  1. Tamara | 26 de Agosto de 2006 - 7:43 pm

    Los publicistas!! q no tienen ética ni moral!!!jejejejeje

  2. ivan | 27 de Agosto de 2006 - 1:54 pm

    Algúns; só algúns! Se me animo igual busco exemplos de boa publicidade, de anuncios que que non só buscan vender o producto, senón que tamén persiguen a consecución dunha boa causa social.

  3. Na veira do mar | 29 de Agosto de 2006 - 9:33 am

    Na miña opinión este anuncio non é machista senón realista. Son muller e non me parece ofensivo senón que saca a luz moitos dos pensamentos que temos as mulleres pero levado a un límite no que crea polémica. Non me considero reflexada cando dis “Fala delas como persoas superficiais, envexosas, planas mentalmente e, sobre todo, mentirosas” pero sí recoñezo e tamén o observo no teu cmentario que “comportamentos dos que se describen no anuncio son certos”.
    Se me ocurre que o mesmo caso sería que si a Cocacola fai un anuncio no que un home chega xunto dos seu amigos e lles comenta que non atopaba o seu coche un aparcadoiro ou outro recoñecendo que tivo que facer catro maniobras para aparcar o coche. Esta dúas situación das que poño exemplo non son normalmente recoñecidas por moitos homes máis tampouco sería un anuncio ofensivo para os homes.
    O que sí queda claro é que esta empresa logrou o seu obxetivo: polemizar, que falemos dela e bebamos moita moita bebida desa gran fórmula secreta.(Sábeche Dios o que lles pagaron ós publicistas)
    Sigue con este blog. Me gusta moito tanto nos teus comentarios coma en que está moi actualizado.

  4. tareixa | 22 de Marzo de 2007 - 7:19 pm

    penso que a gravidade da publicidade (e outros santuarios do machismo) non se atopa en descifrar se a conducta amosada existe ou non na realidade. posíblemente, haberá de todo, claro, non imos pelexar por iso. pero a cuestion é identificar por qué se dan estes comportamentos na sociedade, en homes e/ou en mulleres: por que o temos aprendido, forma parte da cultura e do entorno e por iso acougamos crendo que é o natural, o consustancial a cada un dos xéneros. A muller e mentireira por natureza, e peor aínda, a muller realmente cree que o é, o asume nela e noutras. o preocupante destas publicidades, logo, é que favorecen que aceptemos e manteñamos ditos roles continuan a reforzar estereotipos ben definidos nos que se perxudican a ambos xéneros.
    PD: non percibilo é un dos maiores síntomas de que é así.
    saúdos a tod@s.
    saúdos

  5. noe | 7 de Abril de 2007 - 10:21 pm

    Paréceme dunha ignorancia incrible criticar ese anuncio que na miña opinión é dos máis logrados que se ven hoxe en día en televisión. Para quen non o saiba o anuncio está inspirado na serie de altísima audiencia “sexo en Nueva York”. De feito o spot foi rodado nas rúas londinenses de Notting Hill e non é máis ca un guiño á devandita serie televisiva. Antes de facer críticas habería que informarse do que cada anuncio pretende emular. Son muller e non me sinto en absoluto ofendida, só é unha ironía que non carece de gracia e humor. Non busca á superficialidade, senón máis ben o contrario: a beleza que existe na imperfección de cada muller da rúa.

  6. ivan | 7 de Abril de 2007 - 10:39 pm

    Non é o meu caso, pero sabes, Noe, que hai a moitos colectivos ós que Sexo en Nueva York tamén lles parece unha serie sexista, xa que, á marxe da reproducción sistemática de clichés asociados ó rol muller, a máxima aspiración das protagonistas parece que é a autorreaización a través da atracción e recoñecemento por parte do sexo contrario.

  7. tareixa | 24 de Abril de 2007 - 12:09 am

    Sinto discrepar noe. É certo que a ignorancia nos invade, iso é ben patente. A colación do tema que nos trae, considero que:
    1. As descalificacións sobran. A opinión é libre e subxectiva.
    2. Das por feito a ignorancia dos outros e amosas te-la de sobra, xa que ti mesma estás a enxuiciar directamente a xente que non coñeces cando sinalas que é importante informarse primeiro.
    3. Esta é a información da que eu dispoño, e por eso permítome enxuiciar: sei perfectamente a procedencia deste anuncio; adícome profesionalmente á formación nos medios de comunicación de masas, ademáis levo catro anos impartindo formación en políticas de igualdade. Gracias a moita xente que loita polos dereitos e a dignidade das mulleres, da que ti e máis eu gozamos, non nos atopamos como fai poucos anos ou como actualmente se atopan moitas mulleres nas sociedades.
    4. O número de denuncias que ten recibido ese anuncio no instituto da muller, só por dar un exemplo, é importante, ó igual que series como a que indicas ou similares. Remítoche a súa web por si queres informarte.
    5. Dubido moito que a mensaxe do anuncio sexa valorar “a beleza que existe na imperfección de cada muller da rúa”, pero respeto a túa lectura.
    6. como muller e como persoa, estou no meu dereito de ofenderme cando se afirma que a verdade das mulleres é que somos mentirosas, por exemplo.

    Iván, paréceme moi apropiada a túa aportación. Admiro ademáis a túa capacidade de sintese da que eu ovbiamente carezo.

    Abrazos.

  8. tareixa | 24 de Abril de 2007 - 12:14 am

    por certo iván, ainda que filla adoptiva de snatiago, son nativa de ferrol!
    saúdos á miña terra!

  9. ivan | 24 de Abril de 2007 - 10:43 pm

    Saúdos dende Fene, tareixa!

  10. noe | 20 de Xuño de 2007 - 7:25 pm

    Tareixa, dis que as descalificacións sobran, pero é menos descalificativa a túa opinión cá miña? coido que non, a única diferencia radica na miña explicidade e na tú implicidade. Non dubido da túa profesionalidade, pero non o fagas tampouco ti da miña: estudo un doutoramento en lingüístca e adícome, entre outras cousas á análise da construción da identidade discursiva na publicidade. Comulgo coa finalidade do spot de v&t, en tanto que pretende transgredir un estereotipo de muller afincado na nosa sociedade: a muller perfecta, posuidora dunha beleza suprema… ¡como se non houbese outras cousas polas que preocuparse! Tanto v&t coma Sexo en Nueva York salientan a autenticidade da muller real e cotiá. Todo a través dunha extensa ironía e parodia do estereotipo, que non pretende en ningún caso promovelo (que é a lectura que ti fas do anuncio), senón desterralo.

  11. noe | 20 de Xuño de 2007 - 7:37 pm

    Por certo, Tareixa, a forma correcta é “obviamente” e non coma ti a escribes. Recoméndoche, para maior información, a consulta do Dicionario da Real Academia Galega.

  12. tareixa | 25 de Xuño de 2007 - 8:55 pm

    gracias Noe, comprenderás que es fácil equivocarse al teclear, pero te agradezco la corrección.
    En ningún momento me refería a tu opinión sino a expresiones concretas como “Paréceme dunha ignorancia incrible” o “Antes de facer críticas habería que informarse”. Es eso lo que no comparto contigo. Me parece fantástico que tengamos versiones diferentes de la realidad, pero no que des por sentada ignorancia o falta de información en otras personas que no conoces. Eso es juzgar sin informarte primero, por cierto, lo mismo que tú denuncias. Observarás que doy mi primera opinión del anuncio sin infravalorar a nadie, y en la segunda tampoco, sólo te contesto directa y claramente a ti, así que no veo nada implícito.
    En cuanto al anuncio, ambas hemos expuesto nuestros criterios. Yo no tengo nada más que aportar, pues sería redundar en lo ya indicado.
    Un saludo.

  13. tareixa | 25 de Xuño de 2007 - 8:58 pm

    Iván: enhorabuena! he visto en el periódico la noticia! Qué sorpresa ha sido! Me alegro por ti, vecino!

  14. cucurrucucú | 20 de Marzo de 2008 - 11:52 pm

    Iván esta página es una puta mierda. a ver cuando propones temas de debate que interesen a la gente, porque las mariconadas del machismo-feminismo ya están pasadas y no hacen sino aumentar las diferencias, ¿no queremos iguldad?

Deixa unha resposta