Ferrocarril Ferrol-A Coruña

Creo que tódolos nenos que, coma min, medramos preto das vías do tren ou dunha estación sentímonos dun ou doutro xeito unidos emocionalmente a este medio de transporte que fascisna a case todos. Pero á marxe disto, o ferrocarril é máis barato, máis ecolóxico e se está ben coidado, máis cómodo que outros medios de transporte. Se cremos no desenvolvemento sostible, á marxe de romanticismos, é o medio polo que deberiamos apostar firmemente para o transporte de viaxeiros.
Ferrolterra e A Coruña teñen tódolos condicionantes para gozar dun servizo de cercanías de Renfe de primeira: son a terceira e segunda comarcas, respectivamente, con maior poboación de Galicia; son ademais dúas zonas que manteñen múltiples relacións sociais, económicas, laborais, administrativas, estundantís, turísticas… froito das cales centos e centos de persoas se desprazan cada día entre estas dúas áreas, principalmente de Ferrolterra á Coruña; as estacións de tren están xa no centro das dúas cidades e a distancia entre eslas é pequena, uns 50 kilómetros; ademais a actual vía goza xa de múltiples estacións e apeadoiros.
Renfe, sen embargo, di que non inviste na liña Ferrol-A Coruña porque non é rendible, de feito mantén activos os tres servizos diarios coa Coruña e o de Madrid grazas á suculenta subvención da Xunta de Galicia para que iso sexa así. A liña efectivamente non pode ser rendible, pero por culpa da propia Renfe, porque a ten totalmente abandoada. Como en case toda Galicia a liña está sen electrificar e ten unha soa vía, pero aquí ademais mantén o trazado inicial de primeiros do século XX, con curvas nas que non se poden revasar os 20 km/h e dando unha volta innecesaria por Betanzos; os vehículos son maioritariamente tamén de mediados do século pasado: os vellos automotores, chamados camellos polas xorobas do seu teito, e un TRD xubilado xa da liña A Coruña-Vigo.
Parece evidente que se se crease un servizo de cercanías de calidade, este tería éxito, xa que hai demanda de transporte colectivo (hai servizo de autobús cada media hora e vai case sempre cheo) e o billete de tren é moito máis barato que o do autobús e que o que gasta un indo no coche particular, porque aínda por riba se optamos polo transporte por estrada estamos case condenados a pagar a peaxe da AP-9.
O ferrocarril é fundamental para comunicar axeitadamente tódolos concellos do Gólfo Ártabro, tan interdependentes entre si, e para lograr un desenvolvemento sostible das súas catro comarcas: Ferrolterra, Eume, Betanzos e A Coruña.
3 comentarios
Deixa unha resposta


Eu axudo a poñer travesas novas se é necesario.
Esta liña é unha das cousas que necesita Ferrol para dar o salto.
É o ciclo de sempre.
Investimento baixo -> Servizo deficiente -> Xente non monta -> Non é rendíbel -> Dimimución no investimento
Se houbese unha compañía ferroviaria que apostase un pouco a serio pola liña Ferrol-A Coruña tería moitos clientes o que pasa é que Renfe é un monopolio e prefire outras liñas máis rendíbeis como A Coruña-Santiago-Vigo.
Só hai que decatarse de que a mesma liña por estrada cuberta pola británica Arriva é perfeitamente rendíbel (teñen moitos usuarios apesar de que o prezo por quilómetro é maior que na liña Santiago-A Coruña).
Nos prometeron o ave para dentro de trinta anos e con
eso xa está amañado,non invertirán nin centimo
Ferrolterra_olvidado