Trashorras é votante do PP
Hoxe, na segunda entrega de Pedro J. sobre a obra, milagros e vida decente de José Emilio Suárez Trashorras, o suposto vendedor de explosivos ós terroristas do 11-M confésanos a súa ideoloxía política na seguinte resposta:
“¿Por que iba a ayudar a los extremistas radicales musulmanes? ¿Por qué iba a querer perjudicar al PP, el partido en el Gobierno, cuando es sabido que yo siempre les he votado desde que soy mayor de edad? Yo estaba de acuerdo con el envío de tropas militares españolas a Irak. Jamás participaría en ningún tipo de acción que perjudicara al PP”.
Dentro da operación de dulcificación e beatificación do ex-mineiro, que se enfronta a máis de 3.000 anos de cárcere, emprendida onte por El Mundo coa publicación da foto da voda de Trashorras con cariña de neno bo, hoxe o xornal de Pedro J. ofrécenos unha bonita estampa bucólica e “hogareña” do pobre rapaz víctima dos golpes de estado encubertos do PSOE, unha fotografía de Trashorras posando no medio da neve e cun pé de foto que fai que a un case lle asomen as bágoas: “Emilio Suárez Trashorras posa delante de la casa familiar en la localidad asturiana de Cogollos, donde nació su padre y donde, cuando era niño, ayudó siempre a la abuela en las faenas del campo.”
Oooh…! Que boooo! A víctima do PSOE, de Rubalcava, do CESID, da Policía e de todos os que non sean do PP era un bondadoso infante que axudaba á súa aboa na leira e agora o lobo roxo que nos goberna e rompe España acúsao de vender uns explosivos aos moros (malos e antiespañois, ademais de afiliados ao PSOE, seguro) que mataron a 192 persoas en Madrid. ¿E as probas da Policía que o vinculan? Invención de Rubalcava, por suposto! A ver con que nos sorprende mañá El Mundo na terceira entrega.
3 comentarios
Deixa unha resposta


Ademais parece que os do PP estivesen orgullosos de que fose o seu votante… unha vergonza.
Con votantes así quen precisa de inimigos.
[…] Claro que eso é o que eu vexo. Tamén hai quen pode crer que todo foi cousa dunha unha dirixente coruñesa, entusiasta de máis, que foi por libre. Ou que o partido apeado hai un ano da xestión autonómica quixo poñer o seu know how ó servizo dos novos encargados, e como non se deixaban aconsellar, elaborou unha abnegada estratexia para levalos, calada e municipalmente, ó rego. Mesmo hai quen pode pensar, e mesmo decir, que podería ser o mesmo PP o filtrante do documento, para forzar a comisión de investigación sobre os incendios. Ou haxa quen esixa investigar se o tal Trashorras ten algún pito que tocar neste asunto. Todo pode ser. Xa outro conservador, Chesterton, decía que podía crer no imposible, pero non no improbable. […]