ivanpuentes.com

A desunión real da Unión

mapa

Se lle botamos unha ollada a este mapa co que o diario Metro reflexaba onte o salario mínimo nos diferentes países da UE, veremos que no campo da realidade as diferencias no seo da Unión son tremendas, que aínda falta moito por facer para que a unidade económica se traduza nunha igualdade real entre os cidadáns europeos.

Estas diverxencias son consecuencia, na súa maior parte, da falta de unidade política e da inexitencia real dunha cidadanía europea. Está claro que un cidadán da UE que resida en Bulgaria (82 € de salario mínimo) comparte cun cidadán europeo de Luxemburgo (1.503 € de salario mínimo) pouco máis que un gran mercado libre no que as empresas dos seus respectivos países poden realizar transaccións comercias case sen restriccións, pero a economía familiar, incluso os dereitos dun e doutro, non se parecen en nada. Botádelle un ollo ó salario mínimo de Irlanda, exemplo de progreso no que sempre se quere mirar Galicia por compartir atraso hai uns anos, 1.293 euros.

1 comentario

  1. nes | 12 de Setembro de 2006 - 6:59 pm

    canta razón neste post! cando se fala de integración europea casae sempre se refiren á integración de mercados e servizos. f

    Pero a unión é case sempre desunión no importante. Integración de servizos sanitarios, educativos, de traballo, etc. O gran problema cando seala de globalización non é a libre circulación de capitais e a integración de mercados (de xeito adecuado), senón a falta do paso final: a libre circulación de persoas.

    O obxectivo debe ser crear unha cidadanía europea, sen dúbida. E logo mundial, xa postos.

Deixa unha resposta