Algo se está a mover na dereita racional

Nos últimos tempos os conceptos dereita e racionalidade, incluso democracia, parecen casar mal coa actitude dos espantallos, caras visibles, da dereita española, afastados de toda ética, moralidade ou responsabilidade no exercicio da súa profesión.
Está claro, aínda así, que toda a dereita sociolóxica, que é case o mesmo que dicir todo o PP, non pode sentirse cómodo nin representado pola política suicida de Rajoy, Acebes ou Zaplana. Coñecimos hai tempo a unha dereita que discrepaba e criticaba á esquerda, como é lóxico e san en calquera democracia, pero que era consciente de cales son os límites do exercicio da política, o respecto ás institucións que lle dan solidez ó sistema democtrático e á verdade, aínda que esta non sexa nunca única nin obxectivable; estou a referirme á dereita da UCD ou incluso da Alianza Popular de Fraga, é dicir, a dereita democrática, os liberais e democristianos, que existe en tódolos países occidentais e que en España existía antes incluso do Franquismo.
Esta dereita, necesaria na nosa sociedade, está empezando a moverse e a rebelarse contra a política ultradereitista e carente de ética da dirección do PP, aínda que sexa de xeito moi incipiente. ABC, xornal decano da prensa española e voz tradicional da dereita racional de España, publica hoxe un editorial que nos debe dar algunhas pistas para reflexionar a fondo sobre esta cuestión:
“Hemos asistido a un nuevo episodio de la retroalimentación de intereses entre el diario «El Mundo» y Federico Jiménez, director del programa de la cadena Cope «La mañana», para ganar cuota de mercado a golpe de teorías conspiratorias, alentadas por sectores muy concretos y extremos del PP que están causando un grave daño a los intereses generales del centro derecha […] resulta evidente que se ha puesto en marcha una campaña contra las instituciones del Estado de la que no es ajeno el portavoz del Grupo Parlamentario Popular, convertido en satélite de aquellos medios y amplificador de supuestas exclusivas que consisten, ni más ni menos, en dar portadas y páginas centrales al presunto terrorista sobre el que pesa la más grave acusación jamás formulada en los tribunales de Justicia españoles.”
“Lo peor son las tensiones a las que se somete a la derecha de este país, forzándola a confundir la legítima oposición al Gobierno socialista y su justa demanda de saber toda la verdad sobre el 11-M con una actitud que niegue la legitimidad del sistema democrático, que repudie a las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y, por tanto, acabe sumiendo al PP en contradicciones insoportables […] Las convicciones democráticas no son compatibles con actitudes propias de extremistas antisistema.”
Veremos que pasa en vindeiras datas, pero, por fin, parece que incluso neste PP afascistado comeza a prender unha chama de esperanza para os que cremos na democracia e non cremos na máxima de Acebes e Zaplana, “en política todo vale”.
1 comentario
Deixa unha resposta


Paréceme unha boa análise, a verdade. Eu creo que toda democracia precisa dunha oposición dura mas intelixente, con certa altura de miras. O grande defecto do PP actual non creo sexa cuestión de líderes, nin Rajoy nin Feijó son a priori malos políticos ou malos xestores, o problema sonche as malas compañías que están ao seu carón.