Socialismo on line

Estou dende onte en Madrid, participando na Conferencia Política do PSOE; un evento que está a destacar pola impresionante aposta polas novas tecnoloxías que da o Partido Socialista. Nesta conferencia non haberá papeis, senón que tódolos documentos se discutirán e modificarán on line; hai unha ampla zona adicada ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, con conexión á rede para tódolos participantes, dende a que escribo este artigo; cursos de robótica e a proposta estrela, a inauguracion de psoe tv, a canle do partido que dende hoxe emitirá 24 horas a través da rede.
Tamén, Pepe Blanco, o Secretario de Organización, acompaña ó Partido neste salto on line e onte presentou o seu blog, El Cuaderno de Pepe Blanco, no que nos deixará diariamente as súas reflexións políticas.
Creo que, sen perigo de caer nunha excesiva subxectividade, o PSOE está a dar un paso importante no que á comunicacion política se refire, abrindo un camiño que, de seguro, será seguido moi pronto polos demais partidos. A política, que nisto parece que sempre vai por detrás da sociedade, tamén se ten que servir das TIC para comunicarse coa cidadania, para achegarse a ela, en lugar de seguir empregando técnicas de comunicación decimonónicas, moi pouco efectivas xa.
Mañá pola tarde, de 18:00 a 19:30, haberá na Conferencia unha interesante mesa redonda con Carmen Alborch, María Teresa Fernández de la Vega e Ségolène Royal, a previsible candidata do Partido Socialista francés á Presidencia da República, sobre as políticas de igualdade. Seguro que o meu artigo de mañá terá que ver con esta mesa, que xa poderedes seguir en directo a través psoe tv.
4 comentarios
Deixa unha resposta


Ey, debemos estar posteando al lado!!!
Es fabuloso ver como un grupo político y más siendo partido gobernante favorece las nuevas tecnologías, impulsando la creación de blogs, la ipsoe.tv, dar a los periodistas las notas de prensa en memorias… pero como fomentar también desde dentro del partido las páginas web del las agrupaciones si las mismas cuestan 170 Euros… no demuestra una cierta incongruencia.
Ola, militante:
Non creo que teña que ser quen xustifique o custo ou non das páxinas web das agrupacións do PSdeG. Non obstante, como militante, direiche que me non me parece mal, xa que o deseño das páxinas está subvencionado ó 80% pola Secretaría de Organización Nacional e o hosting, dominio, mantemento, servidor… sufrágao a mesma Secretaría de Organización ó 100%; ademais 170 euros é unha cantidade asequible para calquera agrupación, que garantiza o interese e compromiso da mesma coa web.
En definitiva, paréceme moi positivo que a Secretaría de Organización favoreza e posibilite ó acceso ás novas tecnoloxías a tódalas agrupacións municipais do Partido, dándolle tamén recursos formativos, que, pola súa conta, moi poucas terían os medios neceserios para acadalos.
Comprendo tu postura, y acepto la argumentación de la misma, pero justificame 170 Euros que consideras asequibles, en una agrupación de 2 concejales, con aproximadamente 20 militantes, y un local alquilado para la sede, además, no nos olvidemos, que para mantener la página web actualizada, que como tu bien dices “los 170 Euros garantiza o interese e compromiso da agrupación coa web”, se necesitará a mayores una línea ADSL, cuyo costo alcanzaría facilmente 50 Euros mensuales… las cuentas a mi no me salen conociendo el porcentaje de devolución de las cuotas de los afiliados a la propia sede, que como tu bien sabes son los únicos ingresos de toda agrupación, creo que con ello no se favorece el acceso a las nuevas tecnologías a todas las agrupaciones.
Quizá no subvenciona tanto la Secretaría de Organización… mantengo mi incertidumbrer ante este medida.