Rematou a Conferencia Política 2006

Logo de tres xornadas de intenso traballo político, os cinco representantes de Ferrolterra na Conferencia Política do PSOE estamos xa de volta na comarca. Participamos activamente nas moitas horas de debate ideolóxico, de diálogo político con representantes orgánicos doutros territorios, de conferencias, de charlas máis distendidas e informais, pero non menos importantes… e tamén participamos, por suposto, de xeito activo nos diversos momentos de ocio.
Ás veces é difícil ver a aplicación práctica, na realidade cotiá, das grandes e xerais liñas políticas trazadas nestes foros. Aínda así, a aposta por unha inmigración necesaria e ordenada, por un urbanismo sostible e humanizado, por unha política medioambiental eficaz, por un maior peso dos movementos sociais e asociativos, pola mocidade como realidade presente e non só futura, polo extensión dos dereitos sociais a todos/as, pola igualdade absoluta entre tódolos cidadáns, con independencia do seu xénero, orientación sexual ou crenzas, por uns concellos nos que se recupere e potencie a importancia do espazo público e compartido… que se inclúen nas conclusións da Conferencia, terán o seu reflexo tamén na nosa comarca, formando parte esencial da proposta coa que o PSdeG-PSOE se presente ás vindeiras eleccións locais e condicionando a labor dos representantes institucionais deste Partido.
Volvo de Madrid moi satisfeito, porque comprobei que a discusión política e ideolóxica, en detrimento da orgánica, é de novo a razón de ser destes foros do Partido Socialista, nos que, ben aproveitados, un aprende moitísimo das experiencias de compañeiros/as doutras zonas de España. Como vos comentaba no artigo de onte, quédome desta Conferencia Política coa intervención de Ségolène Royal, que ten que ser a persoa que, como Presidenta da República, acometa a necesaria transformación e avance social que precisa Francia.
2 comentarios
Deixa unha resposta


Porque citas a los cinco representantes de Ferrolterra, y no sale Beatriz Sestayo en la foto?. En el periódico dijisteis que también iba a la conferencia.
Hola, Nuria:
Beatriz Sestayo iba ir á Conferencia, estaba acreditada como observadora pola Agrupación Comarcal de Ferrolterra, pero ó final non puido asistir. Por iso non a cito entre os asistentes e por iso na foto só saen as cinco persoas que finalmente fomos.
Saúdos ;-)