ivanpuentes.com

Polémica Cibeles

Cibeles 2006

Estase dedicando moito tempo nos medios á decisión da Comunidade Madrid e da Pasarela Cibeles de poñer límite á delgadez extrema das modelos que desfilan este ano na súa pasarela. É un tanto hipócrita fomentar este estereotipo de beleza feminina durante tanto tempo, esixirlle ás modelos un corpo destas carácterísticas para poder traballar e cotizarse, e agora, dun plumazo, intentar mudar o modelo a costa destas profesionais, deixándoas sen traballo, a elas que son tan só víctimas e en absoluto culpables da situación.

Dito isto, a medida paréceme interesante para ir normalizando a imaxe dunhas profesionais que serven de modelo, nunca mellor dito, a moitas rapazas e rapaces. Non fai falta que recalque o poder dos medios de comunicación na socialización dos cidadáns; é evidente, polo tanto, que moitas persoas configuran o seu canon de beleza a partir das modelos que ven na televisión ou nos medios gráficos. Hai que humanizar as pasarelas, pola saúde das propias profesionais da moda e pola sáude dunha sociedade que se autodefine e se deseña físicamente por contraste con elas.

1 comentario

  1. Teterella | 20 de Setembro de 2006 - 4:04 pm

    A verdade é que vivimos unha época ben complicada en canto á apariencia física. Moitos dos espertos prevennos dos ideais de beleza famélicos i escuálidos que promoven as pasarelas de moda e moitos outros fártanse a decir que estamos gordos e obesos, sobre todo os xóvenes. Penso que a maioría de nós nin estamos tan obesos nin somos tan tontos como para non darnos conta das cousas.
    Iso non quita que os modelos de beleza que presentan as pasarelas non deban de ser un pouco máis “normais”, por mor de evitar ás persoas que se poidan ver influenciadas tales exemplos, ainda que sexan poucas.
    Pola miña parte quédome coas de “Dove”: http://www.porlabellezareal.com/welcome.asp

Deixa unha resposta