O PP logra, de novo, o nunca visto

O normal no Congreso dos Deputados, como en calquera Parlamento democrático, é a discusión dialéctica entre o Goberno e os grupos da oposición, que teñen como misión controlar a acción do primeiro. Pero nesta lexislatura o irresponsable e perigoso xogo do PP coas institucións, froito da súa deriva hacia a ultradereita, obriga a tódolos grupos da cámara a permanecer unidos para garantir a solidez das nosas institucións e do propio sistéma democrático, baseado nelas.
Así, hoxe vimos no Congreso unha imaxe inédita, unha rolda de prensa conxunta dos voceiros de tódolos grupos da cámara, agás o PP, para rexeitar as teorías conspirativas dos populares sobre o 11-M, apoiar a labor da Policía e da Xustiza e anunciar que bloquerán tódalas iniciativas dese partido que pretendan desprestixiar as institucións do Estado. É inaudito que no ano 2006 en España haxa que reafirmar cuestións coma estas; é a herdanza de Aznar e a moi perigosa deriva ideolóxica dos seus ínclitos políticos e mediáticos.
3 comentarios
Deixa unha resposta


O PP logra, de novo, o nunca visto…
Conta como o Partido Popular logrou que no Congreso dos Deputados tódolos partidos se puxesen de acordo para rexeitar as teorías conspirativas dos populares sobre o 11-M…
Hola Iván, nunca te deixara un post aínda que xa entrei algunha vez. Te-lo blog moi ben montado!!!
Moitas grazas, Luis, polas túas palabras e por citarme no teu post sobre blogs políticos. Estás invitado a opinar cando quieras. Saúdos ;-)