Orzamentos en Fene
No último pleno de Fene, co voto favorable do BNG e abstención do PSdeG-PSOE máis Esquerda Unida, pechamos a conta xeral do ano 2005, é dicir, como se plasmou na realidade o presuposto aprobado 12 meses antes. Destacan tres datos:
- Dos 2 millóns de euros presupostados para obras só se investiron ó final do exercicio 420.000 euros, é dicir, nada máis que o 20%, máis ou menos, do previsto.
- O remanente de tesoureiría, á débeda do concello, é de 790.000 euros. O Concello de Fene anda bastante mal de liquidez.
- Chama a atención a taxa da auga. Dos 72.000 euros que se prevía nos orzamentos que ingresase o Concello por este concepto, só se ingresaron 5.000 euros.
¿Sabedes cal foi a resposta do BNG? Que estes malos resultados se debían ó retraso na aprobación do orzamento, que chegou ó pleno en marzo; xusto o que o PSdeG-PSOE leva varias lexislaturas denunciando. Por iso, unha vez máis nos últimos 20 anos, esta semana pedínlle ó BNG que empecemos xa a negociar as taxas e orzamentos de 2007, coa fin de que, por primeira vez, Fene logre o que é normal, estrear o novo orzamento o primeiro día do ano e que se podan así executar o maior número de actuacións previstas.
1 comentario
Deixa unha resposta


Orzamentos en Fene…
Dos 2 millóns de euros presupostados para obras só se investiron ó final do exercicio 420.000 euros, é dicir, nada máis que o 20%, máis ou menos, do previsto….