ivanpuentes.com

Mi mamá ya no me mima

Cando lin no Galicia Hoxe unha noticia sobre as novas caligrafías Rubio, experimentei esa sensación de ser xa alleo ó mundo dos máis novos, mesturada cunha elevada dose de nostalxia, que indica a conversión dun individuo en pureta.

Resulta que os vellos cadernos Rubio, cos que todos aprendimos a escribir, cumpren 50 anos e modernizáronse; reformaron a súa web, para incluír exercicios interactivos, a súa portada xa non é verde e, o máis traumático, actualizaron tamén os seus contidos para “transmitir valores humanos de toda índole, solidarios, morais, para o respecto e a tolerancia e ecolóxicos”, como sinala o xerente de Rubio. Así, frases célebres como “mi mama me mima” ou “tu tía toma té” foron substituídas por “Fui feliz al dejar de fumar”, “Es mejor utilizar energías renovables” o “Javier come alimentos ecológicos”. ¡Que destilado todo!

Máis en Galicia Hoxe

2 comentarios

  1. abobriga | 28 de Setembro de 2006 - 1:03 pm

    eu non fixen desese exercicios e así teño a caligrafía que teño…. por certo. ¿Para cando unha entrada sobre o medre da Familia Real? ¿Ata onde a reforma constitucional?

  2. miguelnr | 28 de Setembro de 2006 - 2:02 pm

    Los Rubio, que se han hecho unos rojos. Como se enteren los de “La familia sí importa” los inmolan.

Deixa unha resposta