Anotacións arquivadas do mes de Setembro de 2006
Polémica Cibeles
Estase dedicando moito tempo nos medios á decisión da Comunidade Madrid e da Pasarela Cibeles de poñer límite á delgadez extrema das modelos que desfilan este ano na súa pasarela. É un tanto hipócrita fomentar este estereotipo de beleza feminina durante tanto tempo, esixirlle ás modelos un corpo destas carácterísticas para poder traballar e cotizarse, e agora, dun plumazo, intentar mudar o modelo a costa destas profesionais, deixándoas sen traballo, a elas que son tan só víctimas e en absoluto culpables da situación.
Dito isto, a medida paréceme interesante para ir normalizando a imaxe dunhas profesionais que serven de modelo, nunca mellor dito, a moitas rapazas e rapaces. Non fai falta que recalque o poder dos medios de comunicación na socialización dos cidadáns; é evidente, polo tanto, que moitas persoas configuran o seu canon de beleza a partir das modelos que ven na televisión ou nos medios gráficos. Hai que humanizar as pasarelas, pola saúde das propias profesionais da moda e pola sáude dunha sociedade que se autodefine e se deseña físicamente por contraste con elas.
Rematou a Conferencia Política 2006

Logo de tres xornadas de intenso traballo político, os cinco representantes de Ferrolterra na Conferencia Política do PSOE estamos xa de volta na comarca. Participamos activamente nas moitas horas de debate ideolóxico, de diálogo político con representantes orgánicos doutros territorios, de conferencias, de charlas máis distendidas e informais, pero non menos importantes… e tamén participamos, por suposto, de xeito activo nos diversos momentos de ocio.
Ás veces é difícil ver a aplicación práctica, na realidade cotiá, das grandes e xerais liñas políticas trazadas nestes foros. Aínda así, a aposta por unha inmigración necesaria e ordenada, por un urbanismo sostible e humanizado, por unha política medioambiental eficaz, por un maior peso dos movementos sociais e asociativos, pola mocidade como realidade presente e non só futura, polo extensión dos dereitos sociais a todos/as, pola igualdade absoluta entre tódolos cidadáns, con independencia do seu xénero, orientación sexual ou crenzas, por uns concellos nos que se recupere e potencie a importancia do espazo público e compartido… que se inclúen nas conclusións da Conferencia, terán o seu reflexo tamén na nosa comarca, formando parte esencial da proposta coa que o PSdeG-PSOE se presente ás vindeiras eleccións locais e condicionando a labor dos representantes institucionais deste Partido.
Volvo de Madrid moi satisfeito, porque comprobei que a discusión política e ideolóxica, en detrimento da orgánica, é de novo a razón de ser destes foros do Partido Socialista, nos que, ben aproveitados, un aprende moitísimo das experiencias de compañeiros/as doutras zonas de España. Como vos comentaba no artigo de onte, quédome desta Conferencia Política coa intervención de Ségolène Royal, que ten que ser a persoa que, como Presidenta da República, acometa a necesaria transformación e avance social que precisa Francia.
Ségolène Royal, valor en alza

Hoxe asistín á mesa de debate sobre igualdade da Conferencia Politica do PSOE, na que participou Segolene Royal, unha das aspirantes a candidata do Partido Socialista á Presidencia da República de Francia. Royal, enfrontada pola candidatura cun dos baróns do PS, Lionel Jospin, é a máxima representante dunha disputa de fondo no partido, que non é máis que a loita entre os vellos representantes e as xeracións máis novas, que queren dirixir xa os destinos dun partido que, como quedou amosado nas últimas eleccións presidenciais, está un tanto afastado da sociedade francesa.
Ségolène Royal é unha persoa dunha gran cultura, comprometida coa igualdade e, sobre todo, unha política que trae enerxía e aire fresco, que ten esa ilusión por cambiar o mundo e a sociedade que os vellos e descreídos políticos xa non saben transmitir. Royal declarou no foro do PSOE que cando sexa presidenta de Francia seguirá o modelo socialista español de reformas sociais, especialmente a Lei de Viloencia Contra as Mulleres e a Lei de Matrimonios Homosexuais..
Falando de igualdade, Ségolène Royal, que ten un currículum envexable (catro veces ministra con François Mitterrand, deputada en varias lexislaturas e presidenta da rexión de Poitou-Charentes) lembrou como, a pesar de toda esta experiencia, un xornalista preguntoulle: “pero ¿por que se presenta vostede á candidatura á Presidencia?”; unha pregunta que, como moi ben ela dicía, nunca se lle faría a un home con igual ou incluso menor traxectoria política. Tamén recordou, no mesmo senso, cando Laurent Fabius, outro dos aspirantes do PS á candidatura presidencial, dixo públicamente “se é Presidanta ¿Quen vai coidar dos seus catro fillos?”; ¿alguén se preguntaría isto no caso de que fose o pai dos seus fillos quen quixese optar á candidatura? A resposta é evidente.
Espero que esta muller, cun curriculum profesional e político envexable, non sexa víctima do machismo, moi arraigadao tamén aínda entre a esquerda, e que logre ser a primeira Presidenta da República Francesa.
Socialismo on line

Estou dende onte en Madrid, participando na Conferencia Política do PSOE; un evento que está a destacar pola impresionante aposta polas novas tecnoloxías que da o Partido Socialista. Nesta conferencia non haberá papeis, senón que tódolos documentos se discutirán e modificarán on line; hai unha ampla zona adicada ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, con conexión á rede para tódolos participantes, dende a que escribo este artigo; cursos de robótica e a proposta estrela, a inauguracion de psoe tv, a canle do partido que dende hoxe emitirá 24 horas a través da rede.
Tamén, Pepe Blanco, o Secretario de Organización, acompaña ó Partido neste salto on line e onte presentou o seu blog, El Cuaderno de Pepe Blanco, no que nos deixará diariamente as súas reflexións políticas.
Creo que, sen perigo de caer nunha excesiva subxectividade, o PSOE está a dar un paso importante no que á comunicacion política se refire, abrindo un camiño que, de seguro, será seguido moi pronto polos demais partidos. A política, que nisto parece que sempre vai por detrás da sociedade, tamén se ten que servir das TIC para comunicarse coa cidadania, para achegarse a ela, en lugar de seguir empregando técnicas de comunicación decimonónicas, moi pouco efectivas xa.
Mañá pola tarde, de 18:00 a 19:30, haberá na Conferencia unha interesante mesa redonda con Carmen Alborch, María Teresa Fernández de la Vega e Ségolène Royal, a previsible candidata do Partido Socialista francés á Presidencia da República, sobre as políticas de igualdade. Seguro que o meu artigo de mañá terá que ver con esta mesa, que xa poderedes seguir en directo a través psoe tv.
Algo se está a mover na dereita racional

Nos últimos tempos os conceptos dereita e racionalidade, incluso democracia, parecen casar mal coa actitude dos espantallos, caras visibles, da dereita española, afastados de toda ética, moralidade ou responsabilidade no exercicio da súa profesión.
Está claro, aínda así, que toda a dereita sociolóxica, que é case o mesmo que dicir todo o PP, non pode sentirse cómodo nin representado pola política suicida de Rajoy, Acebes ou Zaplana. Coñecimos hai tempo a unha dereita que discrepaba e criticaba á esquerda, como é lóxico e san en calquera democracia, pero que era consciente de cales son os límites do exercicio da política, o respecto ás institucións que lle dan solidez ó sistema democtrático e á verdade, aínda que esta non sexa nunca única nin obxectivable; estou a referirme á dereita da UCD ou incluso da Alianza Popular de Fraga, é dicir, a dereita democrática, os liberais e democristianos, que existe en tódolos países occidentais e que en España existía antes incluso do Franquismo.
Esta dereita, necesaria na nosa sociedade, está empezando a moverse e a rebelarse contra a política ultradereitista e carente de ética da dirección do PP, aínda que sexa de xeito moi incipiente. ABC, xornal decano da prensa española e voz tradicional da dereita racional de España, publica hoxe un editorial que nos debe dar algunhas pistas para reflexionar a fondo sobre esta cuestión:
“Hemos asistido a un nuevo episodio de la retroalimentación de intereses entre el diario «El Mundo» y Federico Jiménez, director del programa de la cadena Cope «La mañana», para ganar cuota de mercado a golpe de teorías conspiratorias, alentadas por sectores muy concretos y extremos del PP que están causando un grave daño a los intereses generales del centro derecha […] resulta evidente que se ha puesto en marcha una campaña contra las instituciones del Estado de la que no es ajeno el portavoz del Grupo Parlamentario Popular, convertido en satélite de aquellos medios y amplificador de supuestas exclusivas que consisten, ni más ni menos, en dar portadas y páginas centrales al presunto terrorista sobre el que pesa la más grave acusación jamás formulada en los tribunales de Justicia españoles.”
“Lo peor son las tensiones a las que se somete a la derecha de este país, forzándola a confundir la legítima oposición al Gobierno socialista y su justa demanda de saber toda la verdad sobre el 11-M con una actitud que niegue la legitimidad del sistema democrático, que repudie a las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y, por tanto, acabe sumiendo al PP en contradicciones insoportables […] Las convicciones democráticas no son compatibles con actitudes propias de extremistas antisistema.”
Veremos que pasa en vindeiras datas, pero, por fin, parece que incluso neste PP afascistado comeza a prender unha chama de esperanza para os que cremos na democracia e non cremos na máxima de Acebes e Zaplana, “en política todo vale”.
Ciencias Sociais e da Comunicación

Non quero pecar de narcisismo, pero creo que é de obriga deixar un breve comentario sobre a Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación da Universidade de Vigo, da que onte, feliz e infelizente, me desvinculei como alumno. Xa rematara Publicidade e Relacións Públicas hai uns anos, pero tiña pendente a defensa ante o tribunal do meu proxecto de fin de carreira, cousa que fixen onte e motivo tamén polo que nas últimas semanas tiven algo abandoado este blog.
Sóse dicir que a universidade e as súas titulacións nunha chegan á altura do que un espera delas, eu mesmo teño unha opinión bastante crítica sobre a universidade española, pero a verdade é que en Pontevedra, nesta Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, pasei os mellores anos da miña vida, persoal e académicamente e, sinceramente, aínda que todo é mellorable, sorprendéronme os recursos, medios e docencia desta licenciatura. Moitas grazas a tódolos que fixestes que este paso pola universidade sexa inesquecible.
Pedro J. Pinocho

Miña nai diría que “antes se colle a un mentiroso que a un coxo”. Era evidente a manipulación, engano e intencionalidade dos titulares de El Mundo a cinco columnas coas declaracións de Suárez Trashorras, acusado de vender ós terroristas os explosivos do 11-M, falando de golpes de estado encubertos naquelas datas e alimentado a conspiración do PSOE e Rubalcava para votar ó PP do Goberno, que só existe na mente de dous contaminadores da información, Pero J. e Jiménez Losantos.
Hoxe El País publica a transcripción dunha conversación do ex-mineiro cos seus país, que non deixa en moi bo lugar o pseudoxornal de Ramírez, pero que resulta moi esclarecedora:
Trashorras. Mientras el periódico El Mundo pague, si yo estoy fuera, les cuento la Guerra Civil española. Desde que nací. Desde la Guerra Civil hasta ahora. Si te vienen con un chequecito cada… ¿Por qué piensas que lo hizo Nayo?
Padre. Por dinero, si ya se sabe.
Madre. Yo no sé por qué la justicia no le cierra la boca a El Mundo…
Trashorras. Porque tienen más dinero que todos ellos juntos, no te jode. Son unos mercenarios. Te pagan a ti para que cuentes cuentos.
Non son tan estúpido como para desexar uns medios de comunicación aduladores ou afíns; quero unha prensa imparcial, crítica, e sobre todo, plural, que axude ós políticos a mellorar a súa labor e á cidadanía a formar a súa opinión, a conformar a opinión pública. Pero o de El Mundo e a Cope e lixo periodístico, mentiras transformadas en noticias cunha intencionalidade claramente política. A dereita, tamén a periodística, debe existir, pero unha dereita ética e demócrata, non escribáns e mentireiros a soldo.
A desunión real da Unión

Se lle botamos unha ollada a este mapa co que o diario Metro reflexaba onte o salario mínimo nos diferentes países da UE, veremos que no campo da realidade as diferencias no seo da Unión son tremendas, que aínda falta moito por facer para que a unidade económica se traduza nunha igualdade real entre os cidadáns europeos.
Estas diverxencias son consecuencia, na súa maior parte, da falta de unidade política e da inexitencia real dunha cidadanía europea. Está claro que un cidadán da UE que resida en Bulgaria (82 € de salario mínimo) comparte cun cidadán europeo de Luxemburgo (1.503 € de salario mínimo) pouco máis que un gran mercado libre no que as empresas dos seus respectivos países poden realizar transaccións comercias case sen restriccións, pero a economía familiar, incluso os dereitos dun e doutro, non se parecen en nada. Botádelle un ollo ó salario mínimo de Irlanda, exemplo de progreso no que sempre se quere mirar Galicia por compartir atraso hai uns anos, 1.293 euros.
Curiosidade Publicitaria?

Non sei se é que a miña deformación profesional chegou xa a límites alarmantes, pero a verdade é que cando hoxe, 11-S, vin este anuncio de Movistar coa Estatua da Liberdade, o icono por excelencia de Nova Iork, en formato xemelgo, semiderruido e enterrado, automáticamente pensei no atentado ás Torres Xemelgas. Seguro que a campaña xa saiu outros días, polo que me pareceu un despiste tonto, unha coincidencia curiosa ou unha serendipia, como diría Iker Jiménez, dos responsables de medios desta campaña.
Trashorras é votante do PP
Hoxe, na segunda entrega de Pedro J. sobre a obra, milagros e vida decente de José Emilio Suárez Trashorras, o suposto vendedor de explosivos ós terroristas do 11-M confésanos a súa ideoloxía política na seguinte resposta:
“¿Por que iba a ayudar a los extremistas radicales musulmanes? ¿Por qué iba a querer perjudicar al PP, el partido en el Gobierno, cuando es sabido que yo siempre les he votado desde que soy mayor de edad? Yo estaba de acuerdo con el envío de tropas militares españolas a Irak. Jamás participaría en ningún tipo de acción que perjudicara al PP”.
Dentro da operación de dulcificación e beatificación do ex-mineiro, que se enfronta a máis de 3.000 anos de cárcere, emprendida onte por El Mundo coa publicación da foto da voda de Trashorras con cariña de neno bo, hoxe o xornal de Pedro J. ofrécenos unha bonita estampa bucólica e “hogareña” do pobre rapaz víctima dos golpes de estado encubertos do PSOE, unha fotografía de Trashorras posando no medio da neve e cun pé de foto que fai que a un case lle asomen as bágoas: “Emilio Suárez Trashorras posa delante de la casa familiar en la localidad asturiana de Cogollos, donde nació su padre y donde, cuando era niño, ayudó siempre a la abuela en las faenas del campo.”
Oooh…! Que boooo! A víctima do PSOE, de Rubalcava, do CESID, da Policía e de todos os que non sean do PP era un bondadoso infante que axudaba á súa aboa na leira e agora o lobo roxo que nos goberna e rompe España acúsao de vender uns explosivos aos moros (malos e antiespañois, ademais de afiliados ao PSOE, seguro) que mataron a 192 persoas en Madrid. ¿E as probas da Policía que o vinculan? Invención de Rubalcava, por suposto! A ver con que nos sorprende mañá El Mundo na terceira entrega.
