ivanpuentes.com

Anotacións arquivadas do mes de Setembro de 2006

Tertulia en Radio Líder

Esta tempada estarei tódolos mércores na tertulia matinal de Radio Líder-Punto Radio, falando de actualidade galega e española e discutindo bastante cos compañeiros de tertulia máis inclinados á dereita.

Se vos apetece escoitarnos algunha mañá, podedes sintonizarnos os mércores a partir das 9:00 e ata as 10:00 no 105.9 da FM en Ferrolterra e na Coruña, no 101.8 en Compostela e no 90.7 en Vigo. A ver que vos parece.

Pedro J. non ten límites éticos nin profesionais

Entrevista a Trashorras en El Mundo

O home da foto é José Emilio Suárez Trashorras, o mimeiro asturiano acusado pola xustiza de proporcionar ós terroristas islamistas do 11-M os explosivos cos que cometeron os atentados de Madrid. Está acusado simplemente da morte de 192 personas, de 1.755 asesinatos en grado de tentativa, de colaborar cunha organización terrorista, do intento de 18 asasinatos pola explosión de Leganés e de tráfico, tenencia, suministro e depósito de sustancias explosivas, polo que a xustiza pide para el máis 3.000 anos de cárcere, pero hoxe Pedro J. entrevístao e adícalle a portada de El Mundo a cinco columnas, con esa cariña de bo coa que posou o día da súa voda, simplemente para probar a teoría da conspiración que só cre el e Acebes. Como di Nacho Escolar no seu blog, parece que “a caverna o prefire libre se con elo consiguen salvar o bo nome de Aznar“.

Destaca o diario 20 Minutos a frase coa que o xornalista Fernando Múgica comeza a entrevista: “soy una víctima de un golpe de estado que se ha tratado de encubrir detrás de las responsabilidades de un grupo de musulmanes y de los confidentes, cuando estaba todo perfectamente controlado por los Cuerpos de Seguridad. Existen complicidades que el juez no está dispuesto a descubrir, si no, deberían estar detenidos o imputados agentes de varios Cuerpos de Seguridad”; frase que parece redactada por un letrado do supremo, máis que por un ladrón de explosivos.

Como di Escolar, “hai que buscar nos arquivos de Gara ou Egin para atopar outro diario que puxese tanto empeño na defensa dun terrorista. Mañá haberá máis, pois o de hoxe era só a previa dunha entrevista que virá por entregas. Igual no seguiente capítulo abren o diario cunha imaxe da súa primeira comunión. Só así mellorarían o de hoxe: unha foto da súa boda na portada para presentarnos ó pobre asasino con aire de corderito degollado..”

O PP de Sarria e a súa valoración do voto feminino

Aínda non recuperado das famosas loubanzas surrealistas do Alcalde de Negreira a Manuel Fraga, un amigo de Lugo faime chegar este vídeo, grabado de “estranjis”, nunha cea que o PP de Sarria celebrou con Xosé Manuel Barreiro cando este era candidato á presidencia rexional do PP.

Mirade o vídeo e veredes como un dirixente do PP de Sarria aínda pendente de identificación explica, de xeito absolutamente casposo, a importancia do voto das mulleres e como Barreiro, polo seu físico, é a persoa axeitada para atraelo.

Boicot a Bush dende o baño da CNN

Supoño que todos lístes onte ou hoxe nos xornais o despiste de Kyra Phillips, xornalista da CNN, que aproveitou a conexión en directo da súa cadea con Nova Orleans, cidade na que Bush daba un discurso sobre o primeiro aniversario do furacán Katrina, para ir ó baño e falar dos homes, do seu marido, da súa cuñada… Pero Phillips deixou o micro aberto e os cidadáns norteamericanos, en lugar de escoitar as promesas de Bush para que non se repita unha catástrofe coma a de Nova Orleans, enteráronse do maravilloso que é o marido da xornalista e do mal que a esta lle cae a súa cuñada.

En fin, a noticia xa non é novidade, xa a coñece todo o mundo, pero déixovos o vídeo, que xa está colgado, como non, no youtube. O que di Kyra Phillips é:

Kyra: “A maioría dos homes son uns “cerdos”. Eu teño moita sorte nese sentido. O meu home é guapo e unha persoa cariñosa de forma xenuína, sabes, sen ego, ¿sabes o que digo? Simplemente un ser humano apaixoado, compasivo e estupendo, estupendo. Eles existen. Existen. Son difíciles de atopar, si, pero hainos por aí”.

Ó fondo óese a voz da súa interlocutora, non identificada, e o abrir dun grifo, mentras Bush segue a súa perorata, practicamente inintelixible pola confusión de ruidos.

Phillips continuou: “Os irmáns teñen que ser protectores, agás o meu. Eu son quen o ten que protexer”.

“¿De veras?”, preguntoulle a outra.

“Está casado, ten tres fillos, pero a súa muller quere controlalo absolutamente todo”, respondeu Phillips.

“¿Kyra?”, escoitouse nese intre. Era outra voz de muller. “Sí, cariño”, replicou a xornalista. “O teu micrófono está encendido. ¡Apágao!. Estiveches en directo”, advertiulle.

« Páxina anterior